BARRO FINALIZA A ACTUALIZACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 30 de mayo de 2013

BARRO FINALIZA A ACTUALIZACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN


·       O arquivo conta agora cun máis de 2.000 unidades con documentación de inicios do século XIX

O servizo técnico do patrimonio documental da Deputación de Pontevedra rematou un novo proceso de actualización da documentación transferida no último ano dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal do concello de Barro.

Para conseguilo realizáronse tarefas de clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos; o que supuxo a transferencia de 178 novas unidades de instalación e 23 metros lineais de instalación.
Esta acción completa o ciclo de asistencia permanente en patrimonio documental e deixa ó arquivo cun total de 2.049 unidades de instalación con documentación datada entre os anos 1839 e 2013.

Alcance e contido
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1992, acometéndose dende entón actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluída a mellora do estado do local.

A maior parte dos fondos datan do século XX, sendo a máis abundante e antiga a relativa a control e xestión orzamentaria, impostos de contribución territorial rústica e urbana, obras municipais e patrimonio. Por outra banda hai importantes perdas documentais no referido ós libros de actas do Pleno onde hai un baleiro dende 1840 ata 1866 e de 1885 a 1888. Tampouco existen libros de actas correspondentes á Xunta Municipal de Asociados.

Esta actuación súmase ás labores de mellora, actualización e informatización de arquivos que realiza a Deputación de Pontevedra a través do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, como por exemplo ás labores de asistencia levadas a cabo no arquivo de Cerdedo, ou a dixitalización da totalidade dos libros do organismo provincial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario