- Este vial servirá de alternativa á actual PO-225 (Alba - San Caetano), que presenta problemas de capacidade
- Ao tempo que se mellora a accesibilidade á zona norte de Pontevedra, tamén se incrementa a seguridade viaria dos usuarios
- Os estudos de tráfico da Axencia Galega de Infraestruturas prevén que o novo vial captará unha media de 13.000 vehículos ao día
Na páxina web da Xunta está dispoñible dende hoxe o documento polo que as persoas, administracións e entidades vinculadas ao medio ambiente poderán presentar observacións a este proxecto da Xunta de Galicia, que debe concretar a amplitude e o nivel de detalle do estudio de impacto ambiental. O período de consultas prolongarase por un período de 30 días.
A variante de Alba ten como finalidade servir de conexión entre as estradas Pontevedra- Baión (PO-531) e a N-550 (A Coruña- Tui) funcionando como alternativa á estrada PO-225, que comunica Alba con San Caetano. Esta estrada presenta unha capacidade insuficiente para o tráfico que capta e discorre por unha zona moi consolidada polo que a súa ampliación resultaría complexa.
As alternativas analizadas presentan unha lonxitude no entorno dun quilómetro e se proxectan cunha sección, formada por dous carrís, ampliables a catro (dous por sentido separados por unha mediana ríxida de formigón), o que implica un orzamento que pode chegar aos 6,5 millóns de euros.
Dende a Consellería de Medio Ambiente sinálase que todos os trazados plantexados requiren un cruce sobre o novo trazado da liña de Alta Velocidade Santiago- Vigo e tamén será necesario proxectar a construción dunha ponte sobre o río A Gándara e, nalgunhas alternativas, outro que salve o cauce do río Rons.
Tamén se prevé a construción dunha rotonda na N-550 como punto de inicio do novo trazado. A súa ubicación definitiva dependerá de cal sexa a alternativa finalmente seleccionada.
A conexión coa PO-531 se realiza a través da glorieta existente que da acceso á PO-225, prevéndose unha modificación da mesma para dotala de maior capacidade.
Esta nova comunicación mellorará a accesibilidade da zona norte de Pontevedra, incrementará a seguridade os usuarios e reducirá os tempos de percorrido. Os estudos de tráfico realizados pola Axencia Galega de Infraestruturas, prevé que a nova actuación capte preto de 13.000 vehículos diarios.
Estado do proxecto de trazado e impacto ambiental
A AXl ten analizado varias alternativas, que se axustarán unha vez se dispoña da información resultante da fase de consultas ambientais que se inicia hoxe.
A continuación, está previsto someter o proxecto ao trámite de Información Pública durante o que se poderán formular as observacións relativas ás circunstancias que xustifiquen la declaración de interese xeneral da estrada e sobre a concepción global do trazado.
http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=579427&name=DLFE-18102.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario