A vindeira semana o Diario Oficial de Galicia
fará publico este contrato de Augas de Galicia
§
Deste xeito rematase co proceso de licitación para a emenda de
vertidos, xa que nas semana anteriores se fixo público o contrato da zona
Centro e Norte
§
En total, a administración autonómica destina case 5 millóns de euros ata
o 2015 para continuar coas actuacións que eviten a contaminación na conca
hidrográfica xestionada pola Xunta de Galicia
§
Dende o 2009 realizáronse 8.609 inspeccións que se
complementan coas cerca de 5.038 mostras recollidas, nas cales se analizou unha
totalidade de 32.970 parámetros
§
Este plan, en colaboración cos concellos, permitiu a supresión de 970
verteduras contaminantes dende o ano 2009 nos ríos e rías de Galicia
A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas vén de licitar, a través da plataforma de
contratación, o contrato do Plan de Control de Vertidos da Demarcación
hidrográfica de Galicia- Costa na zona Sur por un importe de 1,2 millóns de
euros ata o ano 2015. Este contrato tamén será publicado no Diario Oficial de
Galicia a vindeira semana.
A zona Sur da
Demarcación Galicia-Costa inclúe a costa do Rosal e Oia, a área metropolitana
de Vigo - excepto os concello de Mos, O Porriño e case todo Pazos de Borbén-,
as comarcas de Pontevedra, Morrazo, O Salnés e Caldas (excepto os concello de
Valga e Catoira).
Este
contrato vén a finalizar as licitacións realizadas nas pasadas semanas, coa
publicación dos contratos de servizo correspondentes á zona centro (unha parte
da Costa da Morte, dende Camariñas ata Carnota, así como a ría Muros-Noia e a
zona norte da ría de Arousa. Ademais forman parte desta demarcación as concas
dos ríos Ulla, Tambre e Xallas); e da zona Norte, que corresponde á zona da
Mariña lucense, o Arco Ártabro (Comarcas de Ferrol, Eume e Betanzos), a Área
Metropolitana da Coruña, a Comarca de Bergantiños e de Terra de Soneira e parte
de Muxía e a súa costa.
En total, a
administración autonómica investirá case 5 millóns de euros (4.889.890) ata o
ano 2015 para continuar coas actuacións que eviten a contaminación nas rías e
ríos de Galicia.
O Plan de
control de verteduras é unha potente ferramenta coa que conta Augas de Galicia
para acadar o control de eliminación das verteduras contaminantes, completando
os medios con que conta a Administración hidráulica de Galicia e optimizando as
súas funcións de inspección e control das verteduras aos ríos e ao litoral
galego (especialmente ás rías de Galicia).
Para isto
traballa un equipo multidisciplinar, formado por licenciados en bioloxía ou
químicas, enxeñaría de camiños e outro persoal técnico e de campo, que suman
unha totalidade de 21 persoas organizadas en tres oficinas de traballo
coordinadas por un servizo central.
Augas de
Galicia, a través do Plan de control de verteduras leva a cabo un labor de levantamento
de información e seguimento de todas as verteduras da demarcación hidrográfica
de Galicia-Costa, mediante campañas das
redes fluviais, campañas das rías, inspeccións cos gardas fluviais a empresas,
inspeccións con técnicos municipais a puntos da súa competencia e inspeccións
para a atención de alertas.
Debido ás
funcións e competencias que ten asignadas Augas de Galicia, o Plan de control
de verteduras inventaría puntos tanto en dominio público hidráulico (DPH) como
en dominio público marítimo-terrestre (DPMT).
Balance desde 2009
Dende o
ano 2009 Augas de Galicia leva executado un control rigoroso para a eliminación
das verteduras contaminantes na demarcación hidrográfica de Galicia Costa.
En total
realizáronse 8.609 inspeccións dende ese ano que se complementan coas cerca de
5.038 mostras recollidas nas cales se analizou unha totalidade de 32.970
parámetros. O traballo intensificouse ao longo da pasada lexislatura e só no
ano 2012 se realizaron máis de 3.000 inspeccións, segundo amosa o gráfico
inferior, o que supón un 34% máis que en 2011.
Como
consecuencia deste intenso traballo de inventariado e seguimento dos puntos de
vertedura Augas de Galicia emendou nesta lexislatura que termina 970 verteduras
contaminantes grazas ás actuacións administrativas de supervisión, asesoramento
e presión sobre os titulares destes puntos de vertedura. Esta presión
materialízase nos máis de 1.248 expedientes sancionadores que a Administración
hidráulica de Galicia incoou nos últimos 5 anos.
Protocolo de actuacións
O Plan de
control de verteduras ten establecido un protocolo de actuacións coa Axencia
Galega de Emerxencias (Axega) que garante a correcta atención e resposta ás
alertas en materia de verteduras que recibe o servizo de atención de
emerxencias 112.
Desde
2009, o número total de alertas comunicadas polo Servizo de Emerxencias (112) e
atendidas polo PCV ascende a 560. Ademais, atendéronse 436 alertas comunicadas
dende outros organismos da Xunta, particulares a medios de comunicación.
http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=579427&name=DLFE-18010.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario