O CAMIÑO PORTUGUÉS PROTAGONIZA O XII CONCURSO DE PATRULLAS CON MOTIVO DO XLVII ANIVERSARIO DA BRILAT GALICIA VII - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 30 de mayo de 2013

O CAMIÑO PORTUGUÉS PROTAGONIZA O XII CONCURSO DE PATRULLAS CON MOTIVO DO XLVII ANIVERSARIO DA BRILAT GALICIA VII



§         Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, colaborou con esta iniciativa a través da dispoñibilidade das infraestruturas de aloxamento e proporcionando información e apoio loxístico
§         Entre os obxectivos desta proba está o de estreitar as relacións no eido militar e civil e percorrer o Camiño de Santiago dando a posibilidade aos participantes de obter a Compostela.
§         Participan no concurso quince unidades da Brilat, acompañadas de patrullas da Xefatura de Tropas de Montaña, da Brigada Paracaidista, do Tercio Norte da Infantería Marina e do Mando de Canarias
§         Esta mañá tivo lugar no Obradoiro o acto de clausura da marcha, tras o que asistiron á Misa do Peregrino

Quince unidades da Brilat acompañadas de patrullas da Xefatura de Tropas de Montaña, da Brigada Paracaidista, do Tercio Norte da Infantería Marina e do Mando de Canarias percorreron  entre os días 27 e 28 de maio o Camiño Portugués en Galicia. Trátase dunha acción conmemorativa do XLVII Aniversario da Brilat Galicia VII e este é o XII Concurso de Patrullas que organizan.

Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, colaborou con esta iniciativa facilitando dispoñibilidade das infraestruturas de aloxamento e proporcionando información e apoio loxístico.

Os integrantes do grupo saíron de Tui e foron realizando diferentes actividades nas distintas etapas que ían superando, como tirop de precisión en Pontevedra ou rápel no río Lérez, así como percorridos cronometrados en Caldas de Reis ou pasos do río a nado en Pontecesures. Chegaron a Santiago onte e esta mañá celebran un acto de clausura da marcha, tras o que asistirán á Misa do Peregrino.

A finalidade desta actividade, que actúa tamén como acción promocional da Ruta Portuguesa en Galicia, pasa por fomentar o espírito de cohesión e dar a coñecer o nome da Brilat, realizando este concurso no que se pon a proba a habilidade e a resistencia dos participantes, así como o estreitamento das relacións no eido militar e civil. Os concursantes teñen a posibilidade de obter a Compostela como acreditación do seu percorrido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario