Trátase de centralizar no
Servizo de Patrimonio Documental unha única colección en papel o máis completa
posible para calquera consulta ou uso
· Tódalas publicacións dende os inicios
estarán ó alcance dos cidadáns nun futuro próximo
O Servizo do
Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra finalizou o
proceso de dixitalización dos exemplares do BOP, publicación oficial da
Deputación, dende os seus inicios en 1834 ata a actualidade.
Para levar a
cabo o proceso, houbo que recorrer a varios centros documentais para completar
a totalidade dos números publicados dende 1834. Deste xeito, localizáronse e
dixitalizáronse a totalidade dos números procedentes dos orixinais conservados
nas dependencias do Servizo Patrimonial Documental e Bibliográfico, e do propio
Servizo de Museo do organismo provincial.
O éxito
conseguiuse grazas á colaboración doutros centros documentais que contribuíron
a completar algunhas lagoas importantes, especialmente o Instituto Padre
Sarmiento (con exemplares dos anos 1837, 1841, 1842 e 1843); o Arquivo
Municipal de Vigo (1835, 1836, 1838, 1840, 1845, 1846 e 1849, así como do
período 1850 ata 1929) ou o arquivo municipal de Tui (con diversos tomos do
século XIX e dos anos 1936 a 1939). O derradeiro paso conseguirase da man da
Biblioteca Nacional de Madrid, institución a través da cal se están a
dixitalizar números soltos que completarán a totalidade da compilación.
Aínda que polo
de agora tan só se poden consultar os Boletíns dende o ano 2000 no enderezo www.depo.es, Pontevedra disporá nun futuro
inmediato de 286.147 imaxes coas diferentes páxinas do BOP entre os anos 1834 e
2000, con alta calidade e resolución, ademais de recoñecemento OCR para
facilitar buscas dentro do texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario