252 EMPRESAS PRESENTARONSE AO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL QUE OCUPARÁ A 400 TITULADOS E 2.500 PERSONAS INSCRIBIRONSE NAS BOLSAS DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 4 de septiembre de 2013

252 EMPRESAS PRESENTARONSE AO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL QUE OCUPARÁ A 400 TITULADOS E 2.500 PERSONAS INSCRIBIRONSE NAS BOLSAS DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN


A Deputación de Pontevedra ampliou ata o vindeiro o día 12 o  plazo para que empresas privadas se sumen ao II Plan de Práctica Laboral. Ata o momento, presentaronse 242 empresas. O Plan  concederá becas, por un ano, a 400 titulados para que desenvolvan actividades laborales no seu sector.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou hoxe que os titulados seleccionados estarán traballando nas distintas empresas o vindeiro 1 de xaneiro.
A este plan _ que ven a sumarse aos 500 becarios que xa están traballando na Deputación, nos concellos e nalgunhas entidades_ poden presentarse empresas con sede social na provincia de Pontevedra, de calquera natureza xurídica e de calquera sector, sempre e cando cumpran cuns requisitos como non ter contrato de servizos coa Deputación, que a súa actividade estea relacionada co perfil das titulacións e non haber realizado despedidos improcedentes, entre outros.

Este II Plan de Práctica Laboral tén dúas fases. Na primeira serán selecciondas as empresas por orden de puntuación. E, na segunda, seleccionaránse os becarios por titulación e orden de puntuación.

Á hora de seleccionar ás empresas, puntuarase cun máximo de 5 puntos o proxecto de práctica laboral e con ata 4 puntos o deseño de itinerarios alternativos de inserción, que dean opción ao bolseiro a ter continuidade. A cooperación entre a Deputación e as empresas da provincia que resulten beneficiarias materializarase nun convenio. Os beneficiarios deste Plan serán titulados sen experiencia laboral previa e menores de 35 anos, aos que se lle vai ofrecer a oportunidade de desenvolver labores relacionadas coa profesión en diversas empresas da provincia.


2.300 solicitudes para a Bolsa de Emprego

Mañá remata o prazo para inscribirse nas Bolsas de Emprego para contratacións laborais temporais da Deputación. Ata o de agora, presentaronse 2.300 solicitudes.

Os postos de traballo ofertados son : Educador nocturno e diurno para Príncipe Felipe; Deseño gráfico; Auxiliar de Gabinete Didáctico; Oficial de cociña e de comedor; Auxiliar Administrativo; Auxiliar de xestión tributaria; Operario de servizos varios; Conductor; e Peóns

O prazo remata o 5 de setembro, salvo para o posto de Educador que remata o 12 de setembro. A convocatoria fora publicada o pasado 19 de agosto no BOP.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario