BARRO RECIBE 27.000 €. A DEPUTACIÓN DESTINA AOS CONCELLOS 2 MILLÓNS DE EUROS PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 26 de septiembre de 2013

BARRO RECIBE 27.000 €. A DEPUTACIÓN DESTINA AOS CONCELLOS 2 MILLÓNS DE EUROS PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS


Louzán asinou o convenio cos 53 alcaldes dos concellos de menos de 20.000 habitantes

·       Louzán incidiu en que se trata da “función máis sensible de cantas desenvolven os concellos, a atención aos que máis o precisan”
·       Felicitou aos concellos polo “traballo extraordinario” que desenvolve nesta materia
·       Valorou os servizos sociais municipais e a súa “función proactiva na detección de posibles problemas entre a poboación á que dan cobertura”
A Deputación de Pontevedra destina preto de 2 millóns de euros para o financiamento de servizos sociais básicos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. A sinatura dos convenios de colaboración entre os 53 concellos que cumpren con esta condición na provincia e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, nun acto no que tamén participaron as deputadas Marta Iglesias, Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez.
Tras a sinatura dos acordos, os concellos recibirán de forma inmediata un adianto do 35% da cantidade que lle corresponde a cada un e unha vez remitida a documentación xustificativa correspondente recibirán a cantidade restante.
Louzán subliñou que se trata de facilitarlle aos concellos o financiamento necesario para que poidan manter unha atención social adecuada, contando cos recursos humanos especializados necesarios.
A achega da Deputación inclúe o Servizo de Atención no Fogar, co que se facilita que persoas maiores, con certo grao de dependencia ou con necesidades especiais de apoio poidan seguir residindo no seu fogar; poténciase a súa autonomía persoal e prevéñense situacións de dependencia ou exclusión social, mellorando a súa calidade de vida.
Así mesmo, finánciase o persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfil complementario ao do traballador social, para que os concellos poidan dispoñer dun servizo ben dimensionado e adecuado ás necesidades concretas da súa poboación, e o persoal de servizos sociais comunitarios especializados nalgúns concellos que teñen en marcha programas específicos ou centros municipais especializados.
Función moi sensible
O presidente da Administración Provincial recalcou a relevancia destes convenios dado que “falamos da función máis sensible de cantas desenvolven os concellos: falamos do máis importante, da atención aos que máis o precisan”.
Nesta liña, felicitou aos concellos polo “traballo extraordinario” que desenvolve nesta materia, incidindo en que uns servizos sociais “eficaces son fundamentais se se quere garantir o benestar de nenos, maiores, persoas dependentes… e previr situacións dramáticas que se poden dar se as persoas necesitadas non contan con apoio e a orientación necesaria”.
Louzán valorou os servizos sociais municipais como “a primeira porta á que poden chamar os que máis o precisan” e “teñen tamén unha función proactiva na detección de posibles problemas entre a poboación á que dan cobertura”.
Tanto Rafael Louzán como Marta Iglesias subliñaron o compromiso da Deputación coas persoas, que se plasma de maneira especial en acordos deste tipo, para o mantemento de servizos sociais básicos; nos diferentes plans de emprego que permitiron xerar preto de 3.000 postos de traballo neste ano; ou no financiamento do centro Príncipe Felipe, no que a Administración Provincial inviste cada ano 12 millóns de euros.
Louzán reiteroulle aos alcaldes a plena disposición da Deputación a darlle apoio aos concellos para que poidan atender “as cuestións máis básicas e prioritarias” e puxo os acordos asinados hoxe como un exemplo claro” de cooperación entre administracións para dar cobertura, precisamente “ao máis necesario: a atención social”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario