O CURSO 2013/2014 DE
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA COMEZA CON TOTAL NORMALIDADE PARA OS 37.621
ESCOLARES DE PONTEVEDRA E A SÚA ÁREA TERRITORIAL
§
Nos centros de Educación Infantil dos 48 concellos que conforman o
ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra están matriculados 12.465
alumnos e alumnas, e nos de Educación Primaria son 25.156
§
O delegado territorial da
Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou, con motivo deste comezo
de curso, o CEIP Carballal de Marín
§
Lamentou que a única
incidencia, non imputable á Consellería, produciuse en tres unidades de
infantil do CPI Torre Illa, onde os alumnos non poderán comezar as clases ata
os vindeiros días porque o Concello da Illa da Arousa non pintou as aulas ata
comezos desta semana
§
Na provincia
de Pontevedra investíronse en obras de mellora de colexios de Infantil e
Primaria no que vai de ano 2 millóns de euros
A normalidade foi a tónica xeral do comezo das clases nos ciclos de Educación Infantil e Primaria para os 37.621 alumnos pertencentes aos 48 concellos da área da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, segundo destacou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen aproveitou a xornada para acercarse ata o CEIP Carballal de Marín, onde estivo acompañado nesta pola alcaldesa da localidade, María Ramallo, e o xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares.
Segundo apuntou o responsable da Delegación
Territorial de Pontevedra, no caso dos 48 concellos dependentes desta área,
foron 12.465 os alumnos e alumnas que comezaron hoxe as clases en Infantil e 24.156
en Primaria.
A única incidencia, non imputable á
Consellería, produciuse en tres unidades de infantil do CPI Torre Illa, onde os
alumnos non poderán comezar as clases ata os vindeiros días porque o Concello
da Illa da Arousa non pintou as aulas ata comezos desta semana.
“É de lamentar que, sabendo que as obras
remataron na data comprometida pola Xefatura Territorial, o concello non levara
a cabo o pintado das aulas en tempo e forma e que agora, 44 nenos teñan que
agardar varios días para comezar o curso”, engadiu José Manuel Cores Tourís.
“Trátase dunha irregularidade do concello pero tamén do centro que non informou
da situación a Xefatura Territorial de Cultura e Educación en Pontevedra”.
En relación ao concello de Marín, Cores Tourís
destacou o importante investimento que a Consellería de Cultura e Educación
realizou neste concello. “Estamos a falar de case 600.000 euros dende 2009 en
obras de centros de Infantil, Primaria e Secundaria”, explicou o delegado
territorial, quen subraiou a importancia das obras executadas durante os
últimos meses tanto no propio CEIP O Carballal, onde se investiron 45.000 euros
na reforma eléctrica do edificio, como na execución dos novos vestiarios de A
Laxe, onde o investimento superou os 173.000 euros.
“Quixemos acudir ata este concello para a
inauguración do novo curso porque é un exemplo de colaboración entre
institucións. Grazas a que municipios como Marín e moitos outros teñen a
sensibilidade de colaborar coa Consellería poden levarse a cabo moitos dos
proxectos que, doutro xeito, serían inviables dada a actual situación
económica”, rematou o delegado territorial.
Pola súa banda, o xefe territorial de
Educación en Pontevedra, César Pérez Ares destacou tamén a “normalidade da
volta ao cole na provincia de Pontevedra”. Recordou que ao longo da mañá
visitou varios colexios en concellos como Moaña e Pontevedra. No caso da
capital da provincia, puido comprobar o arranque das clases no CEIP Cabanas de
Salcedo e no CEIP Álvarez Limeses, ambos na cidade do Lérez, onde puido
comprobar, no caso do primeiro centro, o remate das obras de mellora de aseos e
cuartos de limpeza. César Pérez Ares recordou que tamén se executaron obras de
mellora noutros centros educativos da cidade do Lérez, como o CEIP Campolongo,
que conta cun novo comedor, o Froebel, onde xa se finalizou a primeira fase de
reforma da cuberta ou a mellora do ascensor do centro Marcos da Portela.
Obras
de mellora
Pola súa banda, o delegado territorial
recordou que entre as obras máis importantes executadas nos últimos meses por
Educación en Pontevedra se atopan a ampliación dos colexios de A Illa de Arousa
e do Julia Becerra Malvar de Ribadumia.
Na provincia de Pontevedra
invéstironse en obras de mellora de colexios de Infantil e Primaria no que vai
de ano 2 millóns de euros aos que hai que sumar 900.000 máis destinados a
centros Secundaria.
|
Total
|
|||||
|
|
|
||||
Concello
|
Infantil
|
Primaria
|
|
|||
Arbo
|
48
|
92
|
140
|
|||
Cañiza
|
115
|
258
|
373
|
|||
Covelo
|
40
|
87
|
127
|
|||
Crecente
|
19
|
58
|
77
|
|||
Caldas de Reis
|
288
|
592
|
880
|
|||
Catoira
|
97
|
192
|
289
|
|||
Cuntis
|
103
|
172
|
275
|
|||
Moraña
|
124
|
213
|
337
|
|||
Portas
|
86
|
151
|
237
|
|||
Pontecesures
|
73
|
178
|
251
|
|||
Valga
|
143
|
324
|
467
|
|||
Dozón
|
11
|
22
|
33
|
|||
Agolada
|
27
|
74
|
101
|
|||
Lalín
|
463
|
900
|
1363
|
|||
Rodeiro
|
39
|
91
|
130
|
|||
Silleda
|
212
|
417
|
629
|
|||
Vila de Cruces
|
97
|
192
|
289
|
|||
A Guarda
|
283
|
603
|
886
|
|||
Oia
|
77
|
144
|
221
|
|||
Rosal
|
90
|
282
|
372
|
|||
Tomiño
|
284
|
620
|
904
|
|||
Tui
|
589
|
1135
|
1724
|
|||
Mondariz
|
87
|
173
|
260
|
|||
Mondariz Balneario
|
14
|
27
|
41
|
|||
As Neves
|
87
|
188
|
275
|
|||
Ponteareas
|
725
|
1536
|
2261
|
|||
Bueu
|
293
|
567
|
860
|
|||
Marín
|
670
|
1347
|
2017
|
|||
Cambados
|
403
|
831
|
1243
|
|||
Illa de Arousa
|
178
|
301
|
479
|
|||
O Grove
|
278
|
629
|
907
|
|||
Meaño
|
158
|
310
|
468
|
|||
Meis
|
106
|
214
|
320
|
|||
Ribadumia
|
177
|
257
|
434
|
|||
Sanxenxo
|
497
|
958
|
1455
|
|||
Vilagarcía de Arousa
|
1056
|
2107
|
3163
|
|||
Barro
|
85
|
145
|
230
|
|||
Campolameiro
|
25
|
76
|
101
|
|||
Cotobade
|
83
|
143
|
226
|
|||
A Lama
|
28
|
75
|
103
|
|||
Pontevedra
|
2687
|
5402
|
8089
|
|||
Poio
|
446
|
888
|
1334
|
|||
Ponte Caldelas
|
127
|
268
|
395
|
|||
Vilaboa
|
137
|
265
|
402
|
|||
Cerdedo
|
17
|
39
|
56
|
|||
A Estrada
|
457
|
939
|
1396
|
|||
Forcarei
|
36
|
115
|
151
|
|||
Atención a todas las necesidades
Neste punto cómpre destaca que a Consellería volve
a garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial
atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención
educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así
como o mantemento da calidade do ensino.
Así, e grazas a diversas medidas tomadas a
cabo pola Administración, cunha xestión eficiente dos recursos docentes, o que
da resposta á demanda da cidadanía galega, e a aplicación do Decreto de
Atención a diversidade garántese a atención ás alumnas e alumnos que máis o
necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.
Servizos
complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán
a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a
Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, as necesidade
existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás
alumnas e alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario