A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DEU CONTA DO REMATE DO ENSANCHE DA E.P 0505 IGREXA DE PERCANAI NO CONCELLO DE BARRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 8 de septiembre de 2013

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DEU CONTA DO REMATE DO ENSANCHE DA E.P 0505 IGREXA DE PERCANAI NO CONCELLO DE BARRO



·       A obra contou cun orzamento de máis de 431.000 euros e responde á necesidade de mellorar a vía e a seguridade no tramo mencionado

A Xunta de goberno do organismo provincial deu conta onte á mañá da terminación do ensanche da E-P 0505 Igrexa Percanai PK 0+000 a PK1+.79 no concello de Barro. O estado da EP 0505 Igrexa de Percanai fixo preciso realizar o ensanche da plataforma mediante a demolición de muros e reposición dos mesmos, así como a reposición dos servizos ocultos afectados. 

O proxecto, que contou cun orzamento de execución de 431.818 euros, conseguiu obter un ancho de plataforma de 12.60 metros, mediante a retirada dos muros e peches existentes así como a reconstrución posterior dos mesmos no límite da zona ensanchada. Ademais se contempla a mellora da recollida de augas pluviais e a reposición de servizos ocultos co fin de mellorar a seguridade viaria de dita estrada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario