479 ENTIDADES DE PONTEVEDRA SOLICITAN PARTICIPAR NO PLAN DA DEPUTACIÓN PARA PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 25 de septiembre de 2013

479 ENTIDADES DE PONTEVEDRA SOLICITAN PARTICIPAR NO PLAN DA DEPUTACIÓN PARA PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS


· Demandan 1.010 bolseiros de 170 titulacións universitarias ou de ciclo formativo ou superior de FP
· A institución provincial convoca 400 prazas para xoves titulados menores de 35 anos.
· As profesións máis demandadas son Dirección e Administración de empresas e os ciclos superiores de Administración e Finanzas e Xestión Comercial e Marketing
· Vigo lidera as peticións de empresas con 186, de Pontevedra piden participar 98, do Salnés 62, de Deza 53, do Morrazo 29, de Caldas 16, de Tabeirós-Montes 12, do Condado 11, de Baixo Miño 9 e da Paradanta 2

479 empresas do sector privado solicitaron participar no I Plan da Deputación de Pontevedra para que 400 titulados universitarios, ou co Ciclo Superior de FP, menores de 35 anos, poidan realizar, perante un ano, Prácticas Laborais en empresas do sector privado da provincia coa posibilidade de ter continuidade no seu posto laboral.

As empresas demandaron un total de 1.o1o bolseiros de 170 titulacións superiores ainda que o Plan da Deputación prevé a contratación de 400 personas que, ao remate, poideran ser 500.

As empresas que solicitan participar no plan para dispór dun (ou varios) bolseiros son de Vigo (186), Pontevedra (98), O Salnés (62),l Deza (53), Morrazo (29), Caldas (16), Tabeirós-Terra de Montes (12), O Condado (11), Baixo Miño (9) e A Paradanta (2)

Sectores e tipos de empresas
As empresas que solicitaron participar no Plan pertencen aos seguintes sectores: sector do deseño, impresión e artes gráficas; laboratorios e centros médicos e de asistencia; asociacións de servizos Sociais (discapacidade, xeriátricos, gardarías, colexios); consultorías de empresas (xurídics, enxenería, xestorías, colexios oficiais); empresas varias: Conserveiras, comercializadoras de produtos, cooperativas, empresas textiles, de renovables… ; asociacións empresariais: industriais, comerciantes, de turismo, de autónomos, Pemes, Comunidades de montes..; centros de ocio e lecer: deportivos, socioculturais, recreo; talleres: de automóvil, de pedra e granito, frigoríficos, de mobles, de xardinería; axencias: viaxes, hoteis, restaurantes, cafeterías, panaderías; e comercios: de decoracións, xoiería, ópticas, fotografía

Titulacións máis demandadas
As titulación máis demandadas pertencen a 170 especialidades. As máis solicitadas son Administración de Empresas (105), Administración e Finanzas de FP (97), Xestión Comercial e Marketing (54), Relacións Laborais (29), Licenciado en Económicas (25), Informáticos (22), Psicólogos (20), , Diplomado en Empresariais (18), Lcdo. Dereito (18), Xornalismo (12), Arquitectos (11), Ciclo superior de Secretariado (11), etc.

Por áreas, esas titulacións corresponden a: Administración de Empresas (26%), Enxenería (9,11%), Comercio e Marketing (8,7%), Informática (8,1%), Servizos socioculturais á comunidade (8,7%), Educación (6,2%), Hostelería e Turismo (4,4%), Arquitectura (3,8%), Comunicación (3,47%), Xurídica (2,77%), etc.

Os 1.010 bolseiros que demandan as empresas á hora de solicitar inscribirse no plan son as seguintes. Os titulados universitarios son 421: 295 licenciados, 75 enxeneiros, 40 graduados e 11 arquitectos. Os de Ciclo Formativo ou Superior de FP son 392; e os titulados de Grado Medio ou Diplomado son 179: 126 diplomados, 42 enxeneiros técnicos e 11 arquitectos técnicos.

Procesos de selección de entidades e bolseiros
No proceso de selección das empresas que se verán beneficiadas pola presencia dun bolseiro perante un ano, haberá unha Comisión de Valoración das solicitudes (formada por unha deputada delegada, a xefa de Recursos Humáns, a xefa de Turismo, o Asesor Xurídico da CEP, un profesor da UVigo e un técnico de desenvolvemento local) que terá en conta o proxecto de práctica laboral (cun máximo de 5 puntos), o deseño de itinerarios alternativos de inserción (un máximo de 4) e outras melloras (máximo 1 punto)

Na selección de bolseiros primeiro concretaránse as titulacións coas empresas, logo aprobaránse as bases para seleccionar por titulos (requisitos para participar, empresas destinatarias, condicións das bolsas) e, finalmente, publicaráse a convocatoria das bolsas no BOP.

Con este Plan, a Deputación de Pontevedra busca estimular a contratación de xoves formados e ofrecer ás empresas un coñecemento deles para integralos no mercado laboral.


<Unha oportunidade> según Louzán
O seu presidente, Rafael Louzán, dixo hoxe en rolda de prensa que esta iniciativa <é unha oportunidade> para que 500 xoves titulados poidan traballar perante un ano e optar a unha contratación máis longa.

Según él, <no mundo de hoxe é fundamental a cooperación entre os axentes públicos e os privados, sobre todo no ámbeto local ou provincial pois aí se decide a competitividade, optimizanse as sinerxias e hai unha interrelación entre a produtividade, sostenibilidade e cohesión social>.

A política de emprego da Deputación
Louzán lembrou que a Deputación inviste este ano de 2013 un total de 20 millóns de euros para contratar desempregados e ofrecer as primeiras oportunidades laboráis a un total de 4.000 personas.

<Somos, sin dúbida, a entidade da provincia que máis está a posibilitar a inserción laboral de traballadores> dixo. E lembrou que 500 becarios están a traballar, por primeira vez, nos concellos da provincia; 800 operarios serán distribuidos en 60 concellos; outros 150 traballan en virtude de convenios coa Xunta; e agora estes 400-500 veñen a sumarse a esta iniciativa>, asegurou Louzán.

A maiores desas cifras, a Deputación xenera tamén a contratación que se deriva das 250 empresas (1.600 traballadores máis ou menos) que desenvolven obras do PID 2012-2013.


No hay comentarios:

Publicar un comentario