Pincha na imaxe para ver o video:
Xa son 97.000 os quilómetros que leva camiñado un gaditano como parte
dunha promesa á Virxe do Carme despois converterse no único supervivente
dun naufraxio. Tras nove anos viaxando a pé, está a facer o Camiño de
Santiago, que comezou hai 35 días.
O seu nome é Jose Antonio García e onte recibírono no Mesón Don Pulpo de Barro ao que chegou para selar a súa credencial do camiño.
O seu nome é Jose Antonio García e onte recibírono no Mesón Don Pulpo de Barro ao que chegou para selar a súa credencial do camiño.
En 1999 sobreviviu ao naufraxio do pesqueiro Revolución en Noruega. Dende entón percorreu case todo o globo, incluso tivo a oportunidade de falar con Xoán Paulo II.
Hoxe felicítano no seu 64 aniversario, e aínda que case todos o coñecen leva probas suficientes para demostrar que a súa historia é certa.
Tras pasar por Compostela, o destino desta última aventura será Muxía. Despois volverá a Cádiz coa familia. Xa prepara un libro no que contará todas as súas experiencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario