Hoxe membros da Asociación de Veciños de Teis, participaran no programa de Coñece a túa provincia e realizarán a ruta Barro-Portas. En Barro achegaranse ata a Fervenza da Barosa.
A iniciativa, que impulsa a Deputación e que este ano ten como adxudicataria á empresa Falcón Viaxes , contará con varios itinerarios por toda a provincia. O prezo é único: 19,90 euros por ruta, dos que os participantes só terán que pagar dez porque o resto subvenciónao o Goberno provincial.
O incremento do interese por parte dos cidadáns foi constante desde a súa creación, tal como demostra o aumento do número de participantes: no ano 2010 foron 10.000, en 2011 superáronse os 12.000 e o ano pasado 17.000. A implicación nesta edición pode incluso superar esas cifras, debido á mellora das rutas que se ofrecen. Así, as previsións falan de 20.000 persoas que gozarán da ocasión de percorrer distintos puntos da provincia para coñecer a súa riqueza paisaxística, monumental e cultural.
O obxectivo deste proxecto turístico é, segundo a Deputación, dobre: por unha banda preténdese fomentar o coñecemento dos cidadáns dos recursos propios da provincia e, por outra, contribuír a dinamizar o turismo e a economía local.
viernes, 27 de septiembre de 2013
New
A Asociación de Veciños de Teis visitará hoxe Barro dentro do programa "Coñece a túa provincia"
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
Pontevedra
Etiquetas:
barosa,
barro,
deputación,
Pontevedra
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario