A DEPUTACIÓN RENOVA O CONTRATO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE VEHÍCULOS ABANDONADOS OU FORA DE USO NOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 7 de septiembre de 2013

A DEPUTACIÓN RENOVA O CONTRATO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE VEHÍCULOS ABANDONADOS OU FORA DE USO NOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES


·       No que vai de ano recolléronse 42 vehículos para descontaminación, despece, e destrucción

A Deputación de Pontevedra acordou a renovación do convenio polo que se establece un servizo concertado de recollida de vehículos abandonados ou fora de uso, así como a posta en marcha do posterior tratamento de descontaminación nos municipios de menos de 50.000 habitantes que así o soliciten.
Un total de 43 concellos beneficiáronse deste plan durante a súa etapa de vixencia, e a boa acollida do plan dende a súa posta en marcha en abril de 2011, cun total de 117 vehículos recollidos ata maio do presente ano, (dos cales 42 vehículos foron retirados no presente ano) determina a decisión do organismo provincial de renovar o convenio durante 2 anos máis á empresa adxudicataria VIGOTO CAT.
O procedemento a levar a cabo é o seguinte, a policía local levanta acta do coche abandonado e logo, nun prazo de entre un e tres meses compróbase se hai reclamación ou se está embargado, no caso de ser así non se pode tocar). De non producirse este feito, a empresa VIGOTO CAT retira o coche e procede á súa descontaminación, desmontaxe para reciclaxe e venta de pezas e ferro, e destrución.
Calidade medioambiental
Se trata dunha experiencia que redunda de forma moi positiva no medioambiente e que ademais ten custo cero, nin para a Deputación nin para os concellos adheridos, xa que a reutilización e reciclaxe de todos os materiais susceptibles de recollida, proporciona as compensacións necesarias á empresa adxudicataria.
Con esta iniciativa o organismo provincial pretende diminuír o crecente número de vehículos abandonados, coa redución da contaminación visual e ambiental que isto provoca.




No hay comentarios:

Publicar un comentario