Apertura de 6 oficinas de asesoramento empresarial e de comercio virtual en Pontevedra, Cambados, Lalín, Ponteareas, Vigo e O Porriño, que beneficiarán a 64.682 autónomos e pemes - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 16 de septiembre de 2013

Apertura de 6 oficinas de asesoramento empresarial e de comercio virtual en Pontevedra, Cambados, Lalín, Ponteareas, Vigo e O Porriño, que beneficiarán a 64.682 autónomos e pemes

Entre os obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra para esta lexislatura están a xeración de emprego e a colaboración para estimular a creación de riqueza, segundo explicou hoxe o seu presidente, Rafael Louzán.
Segundo o presidente, tendo en conta que os 64.682 autónomos e pemes da provincia (o 91,6% do total de empresas) teñen dificultades e que a súa mellora competitiva pasa pola innovación nos procesos produtivos e nos produtos e servizos que prestan, a institución provincial quere potenciar o seu desenvolvemento económico a través das Novas Tecnoloxías; aumentar a súa produtividade e competitividade; e implantar unha Plataforma de Comercio Virtual e Electrónico para as pemes e os autónomos da provincia.
Con ese fin a Deputación abrirá decontado seis oficinas de asesoramento empresarial 2.0 e un Centro de Comercio Electrónico e Virtual nos concellos de Pontevedra, Cambados, Lalín, Ponteareas, Vigo e O Porriño, cun investimento de 1,5 millóns de euros procedentes de dous proxectos europeos que desenvolve, DepoTic e DepoDeza.
Cada oficina contará con medios (despacho, aula de actividades, ordenadores, sala de espera, aseos, entre outros) e persoal técnico e cualificado, que atenderá e asesorará cun horario total de 50 horas, de luns a sábado; cada oficina manterá, así mesmo, contacto e colaboración coas cámaras de comercio, asociacións de empresarios ou concellos. Localizaranse en Pontevedra (Deputación), en Cambados (edificio de ExpoSalnés), no Concello de Lalín, no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, na sede da Deputación en Vigo e no Centro Multiusos de Torneiros en Porriño.
Na Oficina de Asesoramento Empresarial 2.0 participarán entre 50 e 750 empresas. Ofrecerá asesoramento personalizado nas Tecnoloxías da Información e do Coñecemento na empresa co fin de minorar custos e aforrar en comunicacións; mellorar a presenza en Internet e nas redes socias; definir os equipos informáticos máis axeitados; captar subvencións ou mercados; traballar mediante a banca en liña; emitir facturas electrónicas; e outros aspectos de interese particular para cada firma empresarial.
Na mesma oficina crearase unha Plataforma de Comercio Electrónico e un Centro de Comercio Virtual. Tomarán parte entre  150 e 250 empresas que ofrecerán de 500 a 2500 produtos. O obxectivo desta plataforma é crear unha nova canle de venda en liña de servizos e produtos coma embutidos, cerámica, queixo, conserva, viño ou téxtil, cun apartado específico para Deza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario