·       Nesta primeira tirada, publicáronse 1.500 exemplares en
inglés e en castelán editados  en  formato ficheiro para poder actualízalo ano
a ano.
·       Unha guía que recolle cronoloxicamente todas as
características de todas as celebracións 
culturais, gastronómicas, históricas e relixiosas  declaradas de interese turísticos 
A deputada Ana I.
Vázquez presentou esta mañá aos medios de comunicación o libro de festas
editado pola Deputación de Pontevedra para
dar coñecer as preto de 50 celebracións de interese turístico internacional,
nacional e autonómico que teñen lugar na provincia. 
Concebido a modo de
ficheiro  quere  “dar a coñecer a importancia
desta provincia de festas, de cultura, de tradicións e de historia. O turismo
cultural é un turismo en auxe nos últimos anos e queríamos facer un repaso
cronolóxico destas festas declaradas de interese turístico. ”
1.500 exemplares en inglés e castelán 
 Editado por Turismo Rías Baixas, o libro
preséntase como unha guía, permite que a información sobre estas festas se
poida actualizar ano a ano incluíndo as celebracións que vaian adquirindo a
declaración de interese turístico nacional, internacional e autonómico. No
libro recóllense detalles históricos, particularidades, datas, características,
organización, títulos etc que acompañados de imaxes e fotografías ofrecen unha
completa información de cada un dos festexos.
 Nesta primeira tirada publicáronse 1.500
exemplares. 1.000 en castelán e 500 en inglés “porque está dirixido moi especialemente aos turistas que nos visitan
dende fóra de Galicia”, segundo puxo de manifesto a deputada. 
Máis de 40 festas de interese turístico
O libro recolle as
distintas celebracións festivas que teñen lugar na provincia para resaltar,
promocionar ou festexar os seus produtos, a súa espiritualidade, a súa
singularidade ou o seu pasado.  Medio
cento de celebracións Gastronómicas (39%), Culturais (27%), Relixiosas
(27%),  e Históricas (7%) que se  organizan segundo o seu distintivo
turístico.
8 son de Interés Turístico Nacional (O Cocido, a
Arribada, o Marisco, o Albariño e a Festa da Auga en Vilagarcía),  3 de
Interés Turístico Internacional (O Corpus, a Rapa das Bestas de Sabucedo e
a Romaría Vikinga), e 36 festas de
interese turístico autonómico (a Reconquista, o Belén de Valga, as Danzas
de Cangas, o Millo Corvo de Bueu, o Entroido de Cobres, os Xenerais do Ulla, o
Requeixo de As Neves, O Xamón de A Cañiza, a Feira Franca, a Lamprea, a Ostra,
a Troita, o Carneiro ao Espeto, o Choco, o Corpus de Redondela, a do Gaiteiro
de Soutelo, o Galo de Curral, a Festa do Monte de A Guarda, o Salmón, a
Empanada de Bandeira, o San Martiño de Moaña, o San Miguel e as danzas de
espadas de Marín, o San Telmo de Tui, a Festa da Anguia e Caña de Valga, a
Vieira, o Lacón con grelos, a Tortilla de Laro, a Virxe da Franqueira, o San
Benitiño, os Aflixidos de Bouzas, a Semana Santa de Cangas e a Semana Santa de
Paradela).  
Celebracións ás que
hai que sumar as engadidas recentemente á guía: a festa da Lagosta de A Guarda,
a da Rosa en Mos,  a do Mexillón e o
Berberecho en Vilanova de Arousa e a festa da Ameixa de Carril en Vilagarcía. 
 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario