A XUNTA REALIZARÁ DENDE HOXE TRABALLOS DE REPINTADO DA AUTOVÍA DO SALNÉS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 6 de julio de 2015

A XUNTA REALIZARÁ DENDE HOXE TRABALLOS DE REPINTADO DA AUTOVÍA DO SALNÉS





 §         Estas melloras prolongaranse durante ao longo de toda a semana e requirirán da restrición ao tráfico dun dos carrís de circulación
§         Durante este período manterase informados aos usuarios mediante os paneis de mensaxería

A Xunta de Galicia levará a cabo a partires de hoxe luns, 6 de xullo, os traballos de repintado parcial das marcas viarias da Autovía do Salnés (AG-41). Os traballos quedarán rematados nesta semana, sempre que as condicións climatolóxicas sexan as previstas.
                       
Trátase de tarefas de conservación ordinaria que a Administración leva a cabo periodicamente para manter a sinalización en bo estado e que sexa facilmente perceptible polos usuarios.

O repintado realizarase nas dúas calzadas, nos treitos que o precisen. Iniciarase pola calzada dereita (sentido Sanxenxo), e posteriormente traballarase na esquerda (sentido Curro). Para repintar as marcas viarias é necesario executar cortes dun carril no tronco da autovía, de lonxitude aproximada de 4 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación.

Durante o tempo que se produzan estas actuacións manteranse informados aos usuarios mediante os paneis de mensaxería variable da autovía e a correspondente sinalización. A Consellería de Medio Ambiente traslada as súas desculpas polas incidencias e molestias que estas actuacións de conservación poidan ocasionar e solicita prudencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario