Pincha na imaxe para ver o vídeo:
Esta pasada madrugada, foi movida para os residentes nun edificio do concello de Barro, en Pontevedra. Os atracadores entraron en varios rochos e levaron numerosos e diversos obxectos. Dende unha bicicleta, pasando por un equipo de topografía ata unha máquina de café ou mesmo toallas.
Nesta comunidade de veciños foi unha noite movida. Os ladróns aproveitaron a noite de San Pedro para entrar polo garaxe e asaltar varios rochos. Para entrar non tiveron que facer moito porque con forzar a pechadura, valeulles.
Unha vez no interior do edificio, usando unha pata de cabra, foron abrindo, ao chou, varios e diversos rochos. Segundo lle valía, ou non, foron carretando os obxectos que lles interesaban.
Non é a primeira vez que sucede isto no barrio, tampouco na zona. Segundo os informaron os axentes da Garda Civil é un modus operandi bastante común.
Agora terán que ser os seguros os que avalíen a contía dos desperfectos que non son poucos.
http://www.crtvg.es/informativos/rouban-varios-rochos-nun-edificio-de-barro-1259172
No hay comentarios:
Publicar un comentario