Louzán, sobre o acordo BNG-PSOE: "Haberá unha parte do Goberno que di unha cousa e outra que di xustamente a contraria" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 17 de julio de 2015

Louzán, sobre o acordo BNG-PSOE: "Haberá unha parte do Goberno que di unha cousa e outra que di xustamente a contraria"



Aínda lle quedaban 24 horas como presidente en funcións da Deputación Provincial de Pontevedra e o BNG e o PSdeG aínda non ratificaran por escrito o pacto para gobernar a institución durante os próximos catro anos, pero Rafael Louzán xa daba por feito este xoves que o PP perdería a Presidencia en favor da socialista Carmela Silva. Comparecía a media mañá acompañado dos 11 deputados que tamén ocupararán unha cadeira na próxima Corporación e vaticinaba un Goberno Bipartito, pero tamén desavinzas no equipo.
"Haberá unha parte do Goberno que di unha cousa e outra que diga xustamente a contraria", vaticinou Louzán durante a súa comparecencia na sede provincial do PP. Na súa opinón, "haberá que esperar para vela" (esa discrepancia de opinións entre os socios de gobierno do PsdeG  e o BNG), pero tampouco tardará moito en amosarse, senón que "quero entender e supoñer que non haberá que esperar moito tempo para que isto suceda". Fronte a esta situación, contrapón que o último grupo de Goberno do PP será recordado porque "durante moitísimos anos se mantivo sen ningún tipo de fisura".
 "Eles non cren nisto que van asumir a partir de mañá, pero, cando é a hora do poder, aí os teñen en primeira fila"
Ademais de criticar esas futuribles desavenencias, Louzán también cuestionou o pacto en canto a que o suscriben un partido que sempre apostou por "baleirar de contido" as deputacións – en alusión aos socialistas- e outro que "quere suprimilas" -o nacionalista-. "Eles non cren nisto que van asumir a partir de mañá, pero, cando é a hora do poder, aí os teñen en primeira fila", criticou.
Louzán presentou un grupo provincial do PP de 12 membros -incluído el- no que haberá catro homes e oito mulleres e no que durante os próximos catro anos haberá dous voceiros, a xa deputada e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o voceiro do PP en Poio, Ángel Moldes. Fíxoo presumindo de que hai un 66% de renovación con relación á anterior Corporación, algo que demostra que "o partido non vai permanecer inmóbil", e de que é o único grupo provincial que terá representación de todos os partidos xudiciais da provicnia.
A partir do Pleno de investidura deste venres, o PP terá funcións de oposición e Louzán xa o asume, pois advirte que "aínda que sorpresas houbo, non creo que este sexa o caso". Con ese novo cometido que teñen por diante, xa anuncia que "imos ser unha oposición constructiva" e que vixiará para que "se siga na senda" do traballo feito nos últimos anos de Presidencia 'popular', pois presume de que logo da súa etapa como presidente "temos unha institución moito mellor, máis saneada e solvente, con mellores prestacións e servizos, máis inversora e con máis patrimonio".

http://pontevedraviva.com/xeral/21481/louzan-pacto-bng-psoe-desacordos-deputacion-pontevedra/

No hay comentarios:

Publicar un comentario