A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOVEU MÁIS DE 255.000 ACTIVIDADES A PROL DA CULTURA NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 15 de julio de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOVEU MÁIS DE 255.000 ACTIVIDADES A PROL DA CULTURA NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS


  • Dende o 2011 realizáronse máis de  150.000 exposicións,  2.900 xornadas de portas abertas e 75.000 concertos,  obradoiros,  presentación, conferencias, etc
  • Un amplo abano de actividades que se resume nunha memoria publicada polo Departamento de Exposicións e Actividades culturais da Deputación
A Deputación de Pontevedra, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura, consolidou nos últimos catro anos o seu labor institucional a prol da difusión e promoción cultural nas múltiples e variadas expresións e manifestacións artísticas. Unha incesante labor de apoio aos artistas que promoven á renovación e modernización da arte galega á vez que profundiza na conservación e revalorización da cultura, do saber e do patrimonio histórico e que a Deputación agora presenta nunha memoria editada polo Departamento de Exposicións e Actividades culturais.
Máis de 255.000 actividades
Unha publicación que, artellada en 9 grandes apartados temáticos, presenta unha breve reseña da aposta pola promoción cultural  realizada polo organismo provincial no período 2011-2015.
Máis de 150.900 exposicións, 2.940 xornadas de portas abertas no Sarmiento e 75.600 actividades culturais que abranguen dende  conferencias, cursos, memoriais e congresos, obradoiros  e actividades en datas sinaladas, presentacións de libros e xornadas temáticas, concertos e ciclos musicais, sesións de cinema, representacións teatrais, entre outros acontecementos a prol da cultura.
Un detallado resumo da progamación cultural deseñada pola Deputación de Pontevedra que organiza no tempo e no espazo cada unha das actividades sinaladas e que se completa cunha ficha informativa das mesmas: sinopse, actividades complementarias, catalogación, etc.
150.000 exposicións
Neste apartado, a memoria condensa a labor divulgativa realizada pola Deputación co fin de achegarlle á cidadanía a historia, a arte, e o mundo da cultura en xeral tanto da nosa provincia, como de Galicia e a Humanidade.
Ao Museo de Pontevedra é o apartado máis salientable deste epígrafe no que tamén se da conta das actividades promovidas noutras salas de exposicións do organismo provincial, así como das mostras itinerantes realizadas en colaboración cos concellos da provincia e outras institucións da Comunidade.  


Neste apartado tamén ten unha mención propia a aposta polos Novos Valores coa que a Deputación  quixo impulsar o traballo e a creatividade dos nosos artistas.

Exposicións realizadas e máis visitadas
2011
11.027
Retratos na rúa. Foto Rafa 1950-1970
2012
45.451
100 anos de motos históricas
2013
31.300
Sopros de Nadal
2014
63.209
Da vida á norte no Antigo Exipto

75.600 actividades
Máis esta achega cultural á cidadanía, dende a Deputación tamén se profundou una labor investigadora e de intercambio de sabedoría e experiencias organizando e promovendo diversidade de congresos, cursos, conferencias e memoriais que serviron de  punto de encontro para poñer sobre a mesa da actualidade a cultura, a historia, a arte, en todas as súas perspectivas. Labor que se sumou ao amplo programa de actividades deseñado para chegar a todos os públicos dunha forma amena e didáctica. Obradoiros, xornadas e visitas que aproveitaron datas e celebracións sinaladas para dar a coñecer a historia, as tradicións e a cultura máis contemporánea.
Actividades realizadas
2011
12.291 (+ 2940 xornadas de portas abertas)
2012
12.734
2013
27.100
2014
23.525

Conferencias, cursos e xornadas nos que que as  letras, a música, o cinema e o teatro, tiveron un protagonismo destacado no compromiso e traballo cultural da Deputación
Así, nesta memoria de actividades sintetízanse os ciclos, presentacións, concertos e eventos promovidos no Museo, no Sexto Edificio, nas Ruínas de Santo Domingo, na Igrexa de Santo Bartolomeu, etc.  para abrir ao público o potencial creativo, artístico e cultural  emerxente na provincia (En paralelo: Noites de literatura e cine, Noites de Música Antiga nas Ruínas, Son no Ar-Co, Domingos Musicais no Sexto, Audicións de Música Clásica Comentadas, Espazos sonoros, A la luz de los Candelabros, Seráns do Conservatorio no Museo, etc).
Un variado e extenso programa de actividades ás que se suman ás 2.940 xornadas de portas abertas que se realizaron no Edificio Sarmiento durante o ano 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario