Galicia quedará baixo a influencia das altas presións durante a xornada do sábado 1, con ventos do suroeste que achegarán moita humidade, segundo anuncia o servizo de Meteogalicia. Os ceos durante o primeiro día do mes de febreiro manteranse nubrados en xeral, sobre todo na franxa atlántica, coa posibilidade de que se rexistre algún orvallo. As temperaturas manteranse sen cambios significativos situándose entre os 7 e os 13 graos.
O domingo 2 de febreiro continuará marcado nas Rías Baixas polas altas presións, con ventos do suroeste. Os ceos permanecerán nubrados. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas non rexistrarán cambios significativos. Oscilarán entre os 11 e os 14 graos.
A semana comezará o luns 3 con influencia anticiclónica. As probaibilidades de choiva durante os primeiros días serán baixas, con temperaturas normais para esta época do ano, entre os 10 e os 16 graos.
Con todo, a influencia anticiclónica irá debilitándose, segundo as previsións, a medida que se vaia achegando o fin de semana. Esta situación permitirá a chegada dalgunha fronte que está previsto que deixe precipitacións a partir do venres 5 de febreiro, coincidindo co inicio das festas do Entroido.
http://pontevedraviva.com/xeral/25556/previsions-vindeiras-chuvias-rias-baixas-entroido/
No hay comentarios:
Publicar un comentario