- Os traballos comprenderán a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros e na eliminación de especies exóticas invasoras
- En total actuarase 431 km de sendas e ribeiras das catro provincias galegas, sendo a da Coruña, con 123 km, a que se sitúa á cabeza
- Priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural
A Xunta de Galicia licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados nas catro provincias galegas, por un importe de 368.977 euros, e que está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020. (http://bit.ly/1Stl12N)
En total actuaranse en tramos e zonas que suman case 450 quilómetros (431,31), repartidos entre as catro provincias galegas, sendo a de Coruña (con 123,16 km) á que se sitúa á cabeza, seguida pola de de Lugo con 114,2 km, en terceiro lugar está a provincia de Pontevedra con 113,75 km e a de Ourense que suma 80,2 km. Así, priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural.
Os traballos que comprende este contrato son a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros de ambas marxes do río e nos principais postos de pesca en diversos tramos. Tamén se procederá á eliminación das especies vexetais exóticas invasoras presentes nos ámbitos de traballo; así como á retirada dos restos vexetais, traballos de limpeza (retirada de residuos asimilables aos sólidos urbanos) e traballos de poda sobre remas enfermas, torcidas e rotas que poidan entorpecer ou dificultar o paso a pescadores, corte de árbores caídas nas sendas.
As entidades interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato público dispoñen ata o vindeiro 22 de febreiro.
Na seguinte táboa pode consultarse os coutos ou tramos nos que se actuarán, así como os límites:
Provincia de Pontevedra
Couto/Tramo
|
Límite superior
|
Límite inferior
|
Km
|
LSM Taboada | Desembocadura do Río de Mera ou de Oisa (Silleda e Vila de Cruces; x=564.297, y=4.730.447) | Presa de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; x=562.900, y=4.733.036) |
4,1
|
LSM Carboeiro | 30 m augas abaixo da restitución de agua da minicentral de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; x=562.545, y=4.734.142) | Desembocadura do Río de Orza (Silleda e Vila de Cruces; x=560.670, y=4.734.698) |
4,1
|
“DEZA”
| Presa de García, (Silleda e Vila de Cruces; x=554.509, y=4.735.920) no río Deza. | 450 m augas abaixo da desembocadura do Deza (Boqueixón e Silleda; x=553.061, y=4.736.717) no río Ulla |
2,3
|
LSM Ulla | Viaduto da autoestrada AP-53 (A Estrada e Vedra; x=548.502, y=4.734.018) | Desembocadura do Regato de Marque (A Estrada e Vedra; x=546.322, y=4.732.762) |
3,1
|
“XIMONDE”
| 200 m augas abaixo da Presa de Ximonde (A Estrada e Vedra; x=543.729, y=4.732.657) | Canal de Covelas (A Estrada e Vedra; x=543.069, y=4.732.661) |
0,7
|
“SANTELES”
| 100 m augas abaixo do couto de Ximonde (A Estrada e Vedra; x=542.998, y=4.732.741) | Presa do muíño de Arnelas (A Estrada e Vedra; x=541.548, y=4.733.849) |
1,88
|
“COUSO”
| Presa de Couso (A Estrada e Teo; x=536.455, y=4.732.773) | 100 m augas abaixo da Pedra de Fernández (A Estrada e Teo; x=535.660, y=4.732.703) |
0,87
|
“SINDE”
| Presa de Sinde (A Estrada e Padrón; x=533.755, y=4.732.302) | Desembocadura do Rego do Fontao (A Estrada e Padrón; x=533.210, y=4.732.467) |
0,6
|
“FORCAREI”
| Ponte Loureiro ou Ponte do Crego, na estrada entre Loureiro e Quintelas (Forcarei; x=554.852, y=4.716.465) |
Ponte Pego (Cerdedo; x=552.344, y=4.710.640)
|
9,4
|
“CERDEDO”
| Muíño de Penedo (Cerdedo; x=549.951, y=4.709.815) no río Lérez e Pasos de Arén (Cerdedo; x=551.369, y=4.709.576) no río Castro. | Desembocadura do Río Quireza (Cerdedo; x=545.963, y=4.709.215) |
7,5
|
“MONTEPORREIRO”
| Presa da Celulosa (Pontevedra; x=533.960, y=4.699.582) |
Embarcadoiro (Pontevedra; x=530.983, y=4.699.758)
|
3,4
|
“SEIXO”
| A Ponte de Neibó (Marín; x=524.871, y=4.688.580) no río Loira, Carballeira de Rei, no paso situado 200 m augas abaixo da ponte da estrada entre Miñán e Allariz (Marín; x=523.684, y=4.687.752) no río Miñán ou Maceira e a Ponte da estrada PO-313 (Marín; x=525.098, y=4.689.577) | Ponte da praia de Loira (Marín; x=521.419, y=4.690.639) |
8,2
|
Sendas e marxes Lagoa Castiñeiras | Regato da Lagoa e principais sendas no recinto da Area Recreativa. |
3,0
| |
“GONDOMAR”
| Fervenza da Torre de Chaín (Gondomar; x=521.445, y=4.661.724) | A Ponte da Xunqueira (Gondomar e Nigrán; x=516.578, y=4.662.426) |
6,9
|
“PORRIÑO-MOS”
| Ponte Novelda, na estrada que vai da N-550 cara a Espaín (Mos; x=532.707, y=4.672.534) no río Louro e a Ponte do Matadoiro, na estrada que vai da N-120 cara a Piñeiro (Mos; x=530.416, y=4.669.478) no río Perral. | A Ponte de Valo, na estrada PO-331 (O Porriño; x=531.029, y=4.667.877) |
8,3
|
“LOUGARES”
| Ponte da estrada entre Lourido e Redondo (Covelo; x=550.903, y=4.679.219) no río Tea e Ponte Caxil, na estrada entre A Carballeira e Alén (Covelo e Mondariz; x=549.137, y=4.680.078) no río Alén | Pasos de Tatín, en Outerelo (Mondariz; x=547.381, y=4.676.808) |
10,9
|
“MONDARIZ”
| Lugar de Foxaco ou desembocadura do Río Pequeno (Mondariz; x=546.375, y=4.676.885) | Final do paseo de Mondariz-Balneario (x=542.429, y=4.675.125) |
5,3
|
“PONTEAREAS”
| Muíño das Pías, aproximadamente 1 km augas arriba da ponte da estrada PO-253 (Ponteareas; x=540.825, y=4.674.976) | A Ponte Romana de Ponteareas (Ponteareas; x=540.382, y=4.669.537) |
6,9
|
“FILLABOA”
| Desembocadura do Uma (Ponteareas; x=540.145, y=4.667.149) | Presa entre os lugares de Rañe e Monte de Abaixo (Salvaterra de Miño; x=540.798, y=4.664.804) |
3,3
|
“UMA”
| Ponte Alta (Salvaterra de Miño; x=543.916, y=4.667.790) | Presa da Manguiña, entre A Valboa e As Covas (Ponteareas; x=540.349, y=4.667.247) |
5,7
|
“AS NEVES” | A Ponte da Fenteira, na estrada entre A Fenteira e A Aldea (As Neves; x=552.018, y=4.664.947) | Desembocadura no Miño (As Neves; x=549.740, y=4.658.910) |
9,0
|
“TOUZOSAS”
| Pontillón de Pedrás, aproximadamente 500 m augas arriba da ponte da estrada entre As Touzosas e Pintelos (A Cañiza; x=558.419, y=4.668.508) | Presa da praia fluvial de Arbo (Arbo; x=558.234, y=4.663.344) |
8,3
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario