O mércores chegará outra borrasca - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 11 de enero de 2016

O mércores chegará outra borrasca

Unha parella vendo a cascada da Barosa


Aínda durante este luns Galicia estará baixo a influencia da borrasca centrada nas Illas Británicas, ó que hai que engadir a entrada dunha masa de aire frío.
Con esta situación, agárdanse ceos anubrados con chuvascos localmente treboentos, ocasionalmente acompañados de sarabia, que irán diminuíndo durante a tarde.
A cota de neve situarase entre os 1000 e os 1200 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos serán do sur-sudoeste, fortes no litoral e zonas altas e moderados con intervalos fortes no resto.
Durante o martes, Galicia estará baixo influencia anticlónica pero moi feble e transitoria. Con esta situación agárdanse ceos máis anubrados pola mañá, con menos nubes pola tarde, con posibilidade de chuvascos ocasionais, máis probables no terzo norte e nas zonas altas.
A cota de neve estará sobre os 1200 metros pola mañá, subindo progresivamente durante o día. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes pola mañá no litoral norte.
Xa a partires do mércores Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca que se situará ó noroeste da Comunidade, traendo consigo un empeoramento nas condicións meteorolóxicas.
Agárdanse ceos cubertos, con precipitacións que comezarán polo oeste de Galicia pola mañá e iranse estendendo ó reto do territorio galego pola tarde e noite. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sur e do sudoeste, fortes en xeral, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.

http://pontevedraviva.com/xeral/25146/miercoles-llegara-otra-borrasca-meteogalicia-pontevedra/

No hay comentarios:

Publicar un comentario