Os centros participantes na provincia son
os seguintes:
NOME CENTRO
|
1
|
2a
|
2b
|
2c
|
3
|
4
|
5
|
6
|
X
|
|
|
|
|
|
|
|
§
O número de centros participantes increméntase nun 12%
A Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva
dos contratos-programa para o curso 2015/2016, unha vez os centros analizaron
nos primeiros meses de curso as necesidades do seu alumnado. Un total de 174
centros públicos da provincia de Pontevedra – 110 de primaria e 649 de
secundaria beneficiaranse desta iniciativa - que ten como obxectivos promover a
excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar, un 12% máis ca no
curso anterior.
Os contratos-programas procuran unha mellora
da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo
rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas
e propón á Administración educativa a sinatura dun documento , ‘o
contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado.
Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros,
posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas
necesidades particulares.
Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e
poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da
Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao
profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.
Liñas
de actuación
A liña de actuación máis solicitada continúa a
ser a número 1, para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente
dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo
contorno sociocultural (antigo programa
PROA). Un total de 146 centros educativos desenvolverán esta primeira liña,
para o que contarán cun total de 84 docentes de apoio contratados a maiores
pola Consellería para tal fin.
A liña número 2, a referida á mellora das
competencias clave, é a segunda en número de participantes. Así, a liña 2a,
competencia matemática, será de desenvolvida por 59 centros; mentres que a 2b,
competencia en comunicación lingüística, contará con 50 centros participantes;
e a 2 c, deseñada para reforzar as competencias en ciencia e tecnoloxía, será
desenvolvida por 21 centros.
No caso da terceira liña, que se centra na
mellora da convivencia e incorpora este ano por primeira vez a promoción da
igualdade, participarán nela un total de 43 centros; mentres que na cuarta, dirixida
á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, contará coa
participación de 8 centros.
Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel
de coñecementos para acadar a excelencia, e á mellora da calidade na xestión
dos centros, participarán 28 e 11 centros educativos públicos, respectivamente.
Incremento
de orzamento
No conxunto de Galicia serán 378 os centros
que desenvolvan contratos-programas, do que se beneficiarán máis de 82.000
alumnos, 7 veces máis ca hai 5 cursos. Isto supón que 1 de cada 3 centros
públicos está integrado neste iniciativa.
Cómpre salientar, ademais, que a Consellería
reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que
acadan os 3,1 millóns de euros, un 18% máis ca no curso anterior. Isto permite
a contratación en toda a Comunidade Autónoma de 153 docentes externos de apoio
adicionais – para o desenvolvemento da actuación 1, a coñecida como ‘PROA’-, un
61% máis que o ano pasado, dotando deste persoal a todos os centros que o solicitaron.
Docentes
implicados e novidades da convocatoria
No referido ás novidades da convocatoria
cómpre sinalar que, ademais da redefinición das liñas de actuación para
adaptalas ás necesidades dos centros e froito da experiencia dos últimos anos;
ampliouse a tipoloxía de centros destinatarios do programa. Así, neste curso
fíxose posible a incorporación dos Colexios Rurais Agrupados (CRA), as Escolas
de Educación Infantil (EEI), os Centros de Educación Especial (CEE), os Centros
Integrados de Formación Profesional (CIFP) e os Centros públicos de educación e
promoción de adultos; posibilitando que formen parte da iniciativa os alumnos
de que neles estudan, especialmente os de FP Básica.
Así
mesmo, e como xa ocorría en cursos anteriores, puideron solicitar contratos-programa
os Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP), os Centros de Educación
Primaria (CEP), os Institutos de Educación Secundaria (IES) e os Centros
Públicos Integrados (CPI).
No hay comentarios:
Publicar un comentario