Barro vai destinar o edificio do antigo concello a centro cívico - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 29 de enero de 2016

Barro vai destinar o edificio do antigo concello a centro cívico



O goberno municipal de Barro vai destinar o edificio do antigo concello a centro cívico. Deste xeito poranse en uso tódolos equipamentos cos que conta o Concello, "conseguindo desta maneira que non se sigan deteriorando e que os veciños poidan dispoñer deles", sinalan nun comunicado oficial.
O edificio que albergaba a antiga Casa Consistorial atópase en desuso polo que se pretende a súa reforma para convertelo nun centro cívico do que neste intre carece o municipio de Barro, e que lle permitirá ós distintos servizos municipais e as entidades ofertar diversas actividades a realizar nel, dirixidas ós colectivos sociais e ó vecindario en xeral.
As actividades previstas son as relacionadas fundamentalmente cos servizos sociais: actividades de convivencia e cursos para a xente maior, a xuventude, ou actividades de esparexemento, entre outras.
O Concello de Barro pretende levar a cabo as obras necesarias e urxentes para a súa conservación, mellora de eficiencia enerxética, dotación de baños para persoas con discapacidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.
O proxecto aprobado ascende 25.534,41 euros e o goberno local vai solicitar unha axuda económica a Xunta de Galicia.
Suporá o cambio da carpintería exterior, que se atopa en moi mal estado e que ademáis de filtrar auga debido a súa podredume, pérdese por ela boa parte do calor; dotar de baño adaptado para o uso por persoas con discapacidade; a mellora da accesibilidade coa construcción dunha rampa que cumpra a normativa técnica; ademáis do pulido de pisos, pintado e adecentado interior do edificio.

http://pontevedraviva.com/xeral/25550/barro-vai-destinar-edificio-antigo-concello-centro-civico/

No hay comentarios:

Publicar un comentario