O trompeta Estebán Batallán, procedente da localidade de Barro, participará como artista invitado na Première da Primavera 2016 coa Symphony Orchestra of India en Bombay.
A case 8000 km de Galicia, Batallán participará este mesmo sábado no concerto que abrirá a tempada da SOI en India baixo a batuta de Marat Bisengaliev. O músico galego interpretará o Concerto para piano, trompeta e orquesta Op. 35 de Shostakóvich xunto á pianista Sofya Gulyak, gañadora do concurso de piano Leeds International 2009.
Non será a única actuación do trompeta de Barro na India. Esteban Batallán volverá a escea o 4 de febreiro, tamén en Bombay na NCPA Jamshed Bhabha Theatre coas obras Beethoven's Eroica / Works by Mozart & Schumann que estarán dirixidas por Mischa Damev.
http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/400053/un-trompetista-de-barro-triunfa-na-india
No hay comentarios:
Publicar un comentario