A institución provincial está traballando na
convocatoria deste ano, denominada Depotermal
Durante o ano 2015 participaron nos programas de
termalismo social da Deputación de Pontevedra máis de 3.760 persoas. Os
programas, dirixidos a persoas maiores de 50 anos, incluíron estancias de día e
tamén con pernoctación en diversos establecementos termais da provincia.
Os programas de termalismo social da Deputación de
Pontevedra teñen como obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a
calidade de vida das persoas, mediante unha proposta que combina o lecer e a saúde.
Asemade, actúan como
dinamizadores da economía, ao impulsar o mantemento de postos de traballo no
sector turístico durante os períodos de menor actividade.
Durante o ano 2015, beneficiáronse dos diversos
programas de termalismo da Deputación
máis de 3.760 persoas, que puideron acceder a estancias de día ou con
pernocta en balnearios, talasos e spas. Os usuarios e usuarias, maiores de 50
anos, procedían de 38 concellos da
provincia e respondían a diversos perfís sociais.
De cara a convocatoria do ano 2016, a Deputación
está traballando nun novo programa denominado “Depotermal”, cuxa primeira edición
pretende incidir no seus sociais e contar coa participación activa dos
diferentes concellos da provincia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario