O DIARIO OFICIAL DE GALICIA FAI PÚBLICAS AS PORCENTAXES MÍNIMAS DE RESERVA DE SOLO PARA VIVENDA PROTEXIDA VIXENTES ESTE ANO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 24 de enero de 2016

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA FAI PÚBLICAS AS PORCENTAXES MÍNIMAS DE RESERVA DE SOLO PARA VIVENDA PROTEXIDA VIXENTES ESTE ANO






Os concellos de máis de 5.000 habitantes cuxo plan xeral prevea establecer a reserva de solo sobre os datos de demanda real deberan reservar un mínimo do 4,66 %


§         Pero a Lei de Vivenda tamén indica que excepcionalmente se poderán fixar reservas inferiores, sempre que se garanta o cumprimento íntegro da reserva e os mínimos  fixados en función da demanda real de vivenda protexida e a poboación dos concellos

Os concellos de máis de 5.000 habitantes cuxo PXOM teña prevista a reserva de solo para vivenda protexida en base a datos estimados de demanda real, deberán fixar unha reserva mínima do 4,66 por cento no ano 2016, tal como establece a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se fixan as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida aplicables en 2016, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.

Con carácter xeral a reserva mínima de solo para vivenda protexida será do “30 por cento da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo que vaia ser incluído en actuacións de urbanización”, segundo establece a Lei de Vivenda, que modifica a Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia.

Pero a Lei de Vivenda tamén indica que excepcionalmente se poderán fixar reservas inferiores sempre que se garanta o cumprimento íntegro da reserva e os mínimos fixados en función da demanda real de vivenda protexida e a poboación dos concellos.

Estas porcentaxes so serán aplicables nos concellos de máis de 5.000 habitantes nos que o PXOM teña prevista a reserva de solo para vivenda protexida en base a datos estimados de demanda real. Para 2016 a porcentaxe mínima de reserva será do 4.66 por cento nestes concellos.

Para o cálculo da porcentaxe de reserva nestes casos excepcionais, a lei prevé unha fórmula na súa disposición adicional novena que indica que a porcentaxe de reserva total do concello sería igual ao produto de multiplicar por dez o número de inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda e o resultado dividido polo número de habitantes inscritos no padrón municipal. O novo resultado multiplicarase por cen e dará como resultado a porcentaxe mínima de reserva.

A porcentaxe resultante non será de aplicación automática, xa que ademais deberá cumprir outras dúas condicións:

1.- A porcentaxe non poderá ser inferior ao resultado de multiplicar por cen o dobre do número de inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

2.- A porcentaxe non poderá ser inferior  á media autonómica. En caso de selo aplicarase como mínimo a media para a comunidade autónoma.

Segundo a Resolución publicada hoxe no DOG, a media actual de reserva mínima para a comunidade autónoma é do 4,66 por cento, que deberá aplicarse en todos os concellos cuxa porcentaxe calculada en función da demanda sexa inferior a esa cifra.

Os concellos que opten por establecer a reserva de solo segundo os datos estimados de demanda estarán obrigados a revisar a porcentaxe establecida cando as novas porcentaxes fixadas polo IGVS na súa Resolución anual rexistren unha diferenza de máis ou menos dous puntos porcentuais respecto da porcentaxe anterior.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario