O pleno da institución provincial acordou
ampliar o prazo de execución e xustificación das obras
O pleno da Deputación provincial aprobou a prórroga do Plan
Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM 14),
que conforme ás bases estaba previsto que se extinguira a 31 de decembro de
2015. Deste xeito, o prazo de execución e xustificación dos investimentos
amplíase ata o 31 de agosto de 2016.
O PUSIM púxose en marcha en febreiro de 2014 co obxecto de apoiar os concellos
de menos de 50.000 habitantes ante o descenso dos orzamentos municipais como
consecuencia da crise económica. Inicialmente dotouse con quince millóns de
euros, que posteriormente foron ampliados en doce millóns, o que resultou nunha
dotación orzamentaria total de vinte e sete millóns de euros.
A execución do PUSIM estendeuse durante o
ano 2015. Non obstante, os concellos que o soliciten poderán solicitar unha
ampliación do período de execución e xustificación conforme aos novos prazos
establecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario