Esteban Batallán é un trompetista de Barro nado en 1983 que conta cun notable prestixio a nivel internacional como o demostra a súa participación coa Symphony Orchestra of India no primeiro concierto da tempada Primavera 2016 da SOI Mumbai en India, no NCPA Jamshed Bhabha Theatre de Mumbai (Bombai), que se vai desenvolver este sábado 30.
Baixo a batuta de Marat Bisengaliev, o músico galego tocará o Concerto para piano, trompeta e orquestra Op.35 de Shostakóvich xunto á pianista Sofya Gulyak, gañadora do concurso de piano Leeds International 2009.
Dentro do mesmo programa tamén está previsto que o trompeta Esteban Batallán e a pianista Sofya Gulyak toquen as pezas Konzertstück de Kazhgaliev, Kyuy for Marat de Serkebayev, Sonata número 3 para cordas de Rossini ou a Sinfonía número 35 de Mozart.
Este concerto chega tras a xira internacional Swiss Tour SOI e a próxima cita para o trompetista será o 4 de febreiro tamén en Bombai no NCPA Jamshed Bhabha Theatre con obras de Beethoven , Mozart e Schumann.
http://pontevedraviva.com/cultura/25559/esteban-batallan-trompetista-internacional-barro-india/
No hay comentarios:
Publicar un comentario