-
Diariamente, os hospitais galegos precisan 500 doazóns para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial
-
As inclemencias meteorolóxicas, os accidentes por estrada e a incidencia de enfermidades da gripe inflúen na diminución das reservas de hemoderivados
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG), recentemente integrado na
Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón
dos cidadáns e, moi especialmente, aos grupos
sanguíneos Cero Positivo e A Positivo. As reservas destes dous grupos
presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente
chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería
de Sanidade por medio do CTG.
Neste comenzo
de ano, despois das festas de Nadal, resulta preciso incrementar o
volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes
sanguíneos por parte dos centros sanitarios
galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias, esta cifra soe aumentar,
debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes por estrada.
Dificultades engadidas
Os meses de inverno presentan dificultades engadidas para o desenvolvemento das campañas de doazón xa que, ademais das inclemencias meteorolóxicas
propias da estación, o aumento de enfermidades do tipo da gripe, motivan unha diminución da presenza de doadores e doadoras nas unidades móbiles e nos
puntos fixos de doazón.
Co
obxectivo de aumentar o volume de doazóns, as unidades móbiles do CTG –
Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, visitarán preto de 70
concellos
coa finalidade de acadar a participación necesaria que garanta o
axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios
galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no transcurso das
vindeiras xornadas son as seguintes:
DATA
|
CONCELLOS
|
Xoves 21 de xaneiro
|
Fene, IES Monte
Neme (Carballo), Vilaboa (Culleredo), Zona Cuatro Caminos (A Coruña),
Santa Comba, Toques, Santiso, Padrón, Nova Frigsa (Lugo), Monforte,
Coren (San Cibrao e Taboadela),
Vilavidal (Ramirás) Gomesende, Baiona, Santa Mª de Oia e Conservas Albo
(Vigo)
|
Venres 22 de xaneiro
|
Neda, El Temple
(Cambre), Bº Villa Negreira (A Coruña), Rianxo, IES nº 1 (Ordes),
Monforte, Bº O Possío (Ourense), O Grove, Arcade (Soutomaior), VIZA SA
(Porriño) e IES Fermín Bouza Brei
(Vilagarcía)
|
Sábado 23 de xaneiro
|
Bº Inferniño (Ferrol), Irixoa, Rianxo, Bº Augas Férreas (Lugo), O Grove e Rúa Venezuela (Vigo)
|
Luns 25 de xaneiro
|
Miño, Bº Os Mallos
(A Coruña), Vimianzo, Bertamiráns (Ames), Cadavo (Baleira),
Castroverde, Maside, Porriño, Ponteareas, Ribadumia e Delegacións da
Xunta de Galicia (Vigo)
|
Lembrar que existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera
persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza
nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B
ou C,...). A doazón de sangue
é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu
problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, é
posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida
relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos
das unidades móbiles:
900 100 828
Lembrar que para informarse sobre a doazón de sangue o CTG dispón dunha páxina web:
ctg.sergas.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario