- 
Diariamente, os hospitais galegos precisan 500 doazóns para desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial
 - 
As inclemencias meteorolóxicas, os accidentes por estrada e a incidencia de enfermidades da gripe inflúen na diminución das reservas de hemoderivados
 
 O Centro de 
Transfusión de Galicia (CTG), recentemente integrado na Axencia Galega 
de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón dos cidadáns e,
 moi especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Positivo
 e A Positivo. As reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, 
polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á 
participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade 
por medio do CTG.
Neste comenzo 
de ano, despois das festas de Nadal, resulta preciso incrementar o 
volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes 
sanguíneos por parte dos centros sanitarios
 galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias, esta cifra soe aumentar, 
debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes por estrada.
Dificultades engadidas
Os meses de inverno presentan dificultades engadidas para o desenvolvemento das campañas de doazón xa que, ademais das inclemencias meteorolóxicas
 propias da estación, o aumento de enfermidades do tipo da gripe, motivan unha diminución da presenza de doadores e doadoras nas unidades móbiles e nos
puntos fixos de doazón.
Co
 obxectivo de aumentar o volume de doazóns, as unidades móbiles do CTG –
 Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, efectuarán os seguintes
 desprazamentos nas vindeiras xornadas: 
| 
 
DATA 
 | 
 
CONCELLOS 
 | 
| 
 
Luns 25 de xaneiro 
 | 
 
Miño, Bº Os Mallos
 (A Coruña), Vimianzo, Bertamiráns (Ames), Cádavo (Baleira), 
Castroverde, Maside, Porriño, Ponteareas, Ribadumia e Delegacións da 
Xunta de Galicia (Vigo) 
 | 
| 
 
Martes 26 de xaneiro 
 | 
 
IES Fragas do Eume
 (Pontedeume), Praza de Armas (Ferrol), Carral, Curtis, Parque 
Empresarial Costa Vella e Edif. Xunta-San Lázaro (Santiago), Cospeito, 
Padrenda, Cortegada, Porriño, Silleda
 e Ponteareas 
 | 
| 
 
Mércores 27 de xaneiro 
 | 
 
Ortigueira, 
Carrefour-Alfonso Molina e Bº Monte Alto (A Coruña), IES San Clemente 
(Santiago), O Pino, Sarria, Rúa do Paseo (Ourense), Pontecaldelas, 
Guláns e Xinxo (Ponteareas) e Alcampo
 Coia (Vigo) 
 | 
| 
 
Xoves 28 de xaneiro 
 | 
 
GTMotive 
(Pontedeume), Zona A Gándara (Naríon), La Voz de Galicia (Arteixo), 
Ponteceso, Sigüeiro (Oroso), Calo (Teo), Praza Maior (Lugo), Allariz, A 
Estrada e Rúa Príncipe e Zona O Calvario
 (Vigo) 
 | 
Lembrar que existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
| 
 
LUGAR 
 | 
 
HORARIO 
 | 
| 
 
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago) 
 | 
 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 
 | 
| 
 
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña) 
 | 
 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 
 | 
| 
 
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE 
(Ferrol) 
 
 | 
 
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas 
 | 
| 
 
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) 
 | 
 
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas 
 | 
| 
 
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) 
 | 
 
Luns das 08.00 ás 22.00 horas 
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas 
Venres das 15.00 ás 22.00 horas 
 | 
| 
 
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) 
 | 
 
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas 
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas 
 | 
| 
 
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) 
 | 
 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 
 | 
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera 
persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza 
nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B
 ou C,...). A doazón de sangue
 é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu 
problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, é 
posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida 
relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos 
das unidades móbiles:
900 100 828
Lembrar que para informarse sobre a doazón de sangue o CTG dispón dunha páxina web:
ctg.sergas.es 
No hay comentarios:
Publicar un comentario