A institución provincial enviou xa ós concellos a
documentación para beneficiarse desta actuación
O convenio será asinado nun acto conxunto no que
participarán as alcaldesas e os alcaldes dos concellos con poboación inferior a
50.000 habitantes
A Deputación de Pontevedra impulsa un novo convenio
para a prestación dun servizo concertado de recollida de vehículos abandonados
e o seu posterior tratamento nos concellos da provincia con poboación inferior
a 50.000 habitantes. Co fin de informar ós concellos, a institución provincial
enviou xa a documentación, na que se especifican as prescricións técnicas do
servizo, para beneficiarse desta actuación. O convenio será asinado nun acto
conxunto ó que se convocarán todas e todos as alcaldesas e alcaldes dos
concellos con poboación inferior a 50.000 habitantes.
A recollida de vehículos abandonados e a súa
posterior xestión é unha competencia propia dos concellos de acordo coa
lexislación vixente. Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra ten entre os
seus fins garantir a prestación integral e adecuada en todo o territorio da provincia
dos servizos de competencia municipal, así como dar soporte ós concellos na
tramitación de procedementos administrativos e na realización de actividades
materiais e de xestión, asumíndoas cando aqueles se llas encomenden.
Por tal motivo, a institución provincial, consciente
do incremento do número de vehículos abandonados, acordou impulsar un servizo
concertado de recollida de vehículos en concellos de menos de 50.000
habitantes. A través do mesmo, e sen custe algún para o municipio, recóllense e
transpórtanse vehículos abandonados nun prazo máximo de 5 días a contar desde o
requerimento feito polo concello.
O novo convenio, que se asinará nun acto público no
que participarán as alcaldesas e alcaldes dos concellos beneficiarios, terá
unha duración de dous anos a partir da sinatura, prorrogable outros dous anos
máis por mutuo acordo das partes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario