A DEPUTACIÓN ORGANIZA EN MARZO TRINTA OBRADOIROS SOBRE NOVAS TECNOLOLOXÍAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 29 de febrero de 2016

A DEPUTACIÓN ORGANIZA EN MARZO TRINTA OBRADOIROS SOBRE NOVAS TECNOLOLOXÍAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES




A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, organiza no mes de marzo 30 novos talleres dirixidos a autónomos e pemes. A interpretación de datos de Google Analytics, o funcionamento de Linkedin, a inserción de publicidade en Facebook ou a elaboración de mostrarios virtuais son algúns dos temas que se abordarán nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, ubicados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

Os obradoiros teñen unha duración media de dúas horas e son impartidos por profesionais de recoñecida experiencia. A inscrición pode facerse a través do teléfono 886 20 20 20 ou da web www.cpae20.depo.es. Neste sitio tamén atoparán información detallada do contido e do horario de cada un dos talleres.

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) consiste nunha rede de puntos comarcais que prestan servizos presenciais de información e de asesoramento sobre as TIC a autónomos e micropemes, un colectivo que representa o 92% do tecido empresarial da provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario