Máis de 18.000 persoas participan
nesta competición que reúne a máis de mil equipos de todas as categorías
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a
novena edición da Copa Deputación de Fútbol na que participan máis de mil
equipos e clubs da provincia de todas as categorías.
Así o subliñou o deputado de Cooperación,
David Regades nunha rolda de prensa, na que estiveron presentes os delegados da
Federación Galega de Fútbol de
Pontevedra e Vigo, Jaime Otero e
Enrique González, o seu vicepresidente,
Gustavo Falque, e a deputada de Deportes, Chelo Besada.
Precisamente foi a deputada de deportes quen
salientou o compromiso coas actividades deportivas da nova Deputación e,
recordou que as liñas de axudas para o deporte federado, as competicións
nacionais, autonómicas e locais ou os deportes náuticos
estanse a publicar nestes dous primeiros meses no Boletín Oficial da Provincia,
así como os convenios de patrocinio co Celta, Pontevedra ou Coruxo en fútbol
pero tamén en balonmán ou ciclismo, entre outros deportes. “So reiterar a
disposición desta Deputación a colaborar e axudar a todo o deporte desta provincia,
porque tamén o deporte sirve para cohesionar e facer Pontevedra”, rematou Chelo
Besada
Pola súa banda, David Regades anunciou o
compromiso da Deputación con esta Copa de Fútbol “na que a Presidenta ten a intención de manter ao longo de toda a
lexislatura” pola súa importancia na promoción do deporte de base.
O deputado provincial tamén agradeceu a
Federación Galega o seu traballo e subliñou que teñen as portas abertas desta
institución “porque a Deputación é o
símbolo de convivencia de todos e todas” e “a colaboración entre as
administracións e a sociedade civil e fundamental para desenvolver actividades
como a Copa”.
En concreto a Copa Deputación aglutina a
máis de 100 equipos de primeira liña. Tamén participan 25 equipos na
copa feminina e una copa base onde son
máis de 900 equipos de todas as categorías.
David Regades destacou que a comezos de mes
procederase ao sorteo das eliminatorias, unha vez comunicado por parte da
Federación e da propia institución provincial a posta en marcha da Copa Deputación.
“O deporte non é so saúde tamén e un habito de futuro e neste traballo sempre
teredes a Deputación ao voso lado”, sinalou o deputado provincial dirixíndose
ao voceiros da Federación de Futbol.
Por último, o vicepresidente da Federación, Gustavo
Falque, destacou que case o cincuenta por cento das licencias de Galicia están
en Pontevedra o que demostra a importancia do fútbol nesta provincia. De feito,
destacou que o noventa por cento dos equipos de fútbol da provincia
participaron na pasada edición da Copa Deputación e que esperaban para esta novena edición aumentara a porcentaxe
de inscritos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario