A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBA SUBVENCIÓNS POR MÁIS DE 131.000 € PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS, TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS EN 9 CONCELLOS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 29 de febrero de 2016

A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBA SUBVENCIÓNS POR MÁIS DE 131.000 € PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS, TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS EN 9 CONCELLOS DA PROVINCIA




Estas axudas, enmarcadas na liña 3 do Plan Concellos, súmanse ós máis de 10 millóns de euros xa concedidos ós municipios da provincia no que levamos de ano

No marco do Plan Concellos, o novo modelo da institución provincial que converte ós municipios en protagonistas, a Deputación de Pontevedra está a poñer a disposición dos 60 concellos da provincia 40 millóns de euros distribuídos en catro liñas de axuda: investimentos, necesidades de gasto corrente, actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e axudas para financiar o emprego.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar a terceira relación de subvencións para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais incluídas na liña 3 do Plan Concellos, beneficiando a nove municipios da provincia: Barro, Cangas, Covelo, Marín, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén e Salceda de Caselas, que recibirán máis de 131.000 €. Con esta terceira relación de subvencións, son xa máis de 572.330 € os destinados, dentro desta liña, a 33 concellos da provincia de Pontevedra.

En dous meses de 2016, a institución provincial repartiu xa máis de 10.131.000 €, é dicir, máis do 25%  do total do Plan Concellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario