§
A secretaria xeral de
Ordenación do Territorio participou nunha xornada para explicar as principais novidades
do texto normativo aprobado o pasado 9 de febreiro, no que incorporaron un 75 %
das achegas presentadas pola Fegamp
§
Estes
encontros, dirixidos especialmente aos técnicos das administracións locais e deputacións,
están pensadas para resolver dúbidas que axuden á xestión e tramitación dos
plan xerais
§
Encarnación Rivas sinalou
hoxe en Pontevedra que a redacción do regulamento de desenvolvemento da nova
Lei do Solo -que combina planeamento, xestión e disciplina- está moi avanzado,
polo que se aprobará inicialmente nas próximas semanas co fin de que este ano
entre en vigor
A Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Municipios e
Provincias (Fegamp) organizan unhas xornadas informativas dirixidas principalmente
a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.
O obxectivo é dar conta das principais novidades do texto normativo, responder
ás posibles dúbidas que xurdan ao respecto e asesoralos para que avancen na
redacción dos plans xerais.
A secretaria xeral
de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, participou esta mañá en Pontevedra
nesta rolda de encontros, dirixidos principalmente a responsables de urbanismo
da administración local, así como doutras entidades.
Encarnación Rivas
fixo unha chamada especial á protección e a ordenación do territorio aos
asistentes, tendo en conta que foi unha lei na que se contou coa participación
de todas e da que se aceptaron un 80% das propostas presentadas. No encontro
tamén se abordaron as diferenzas máis importantes entre a nova Lei do solo e a
normativa anterior, e nas ferramentas que a nova normativa recolle para facer
da tramitación dun plan xeral un camiño práctico, sinxelo e coa menor
tramitación administrativa.
Tal e como suxeriron
os concellos, a norma inclúe como requisito para a implantación dos plans de
ordenación básicos a necesidade dun informe vinculante das entidades locais. De
feito, a nova Lei do Solo incorporou a necesidade de que os concellos
implicados na elaboración, ben do plan básico autonómico ou ben dos plans
básicos municipais –que a Xunta elaborará para os municipios cunha poboación
inferior a 5.000 habitantes que carezan de planeamento municipal- emitan un
informe determinante no trámite de información pública dos plans.
Outro dos aspectos
incorporados á nova Lei do Solo ten que ver coa ampliación das edificacións
tradicionais (as de máis de 40 anos) existentes en núcleo rural ata nun 50%,
aumentando así unha posibilidade restrinxida na LOUGA ao solo rústico. En
concreto a lei permitirá a rehabilitación, reconstrución e por razóns
xustificadas a ampliación ata o 50% sempre que non se desvirtúe a tipoloxía e
se adapte á contorna preexistente e se destine a usos residenciais, terciarios,
produtivos, actividades turísticas, artesanais, pequenos talleres e
equipamentos.
A secretaria de
Urbanismo destacou que a nova Lei do solo é a primeira da historia de Galicia
co seu propio regulamento integral, xa que inclúe a xestión, planeamento e
disciplina, o que facilitará o traballo de redacción dos técnicos. Explicou que
se trata dun regulamento que está redactado por persoal técnico da Secretaría
Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e que na actualidade está moi
avanzado, polo que a previsión é aprobalo inicialmente nas próximas semanas co
fin de que entre en vigor este mesmo ano.
O vindeiro mércores
celebrarase último encontro en Ourense, ás 10,30 horas da mañá
No hay comentarios:
Publicar un comentario