§
Os técnicos do programa de Conservación Integral da
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a
circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica
§
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel
Vázquez, inspeccionou algúns dos puntos afectados na provincia de Pontevedra
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda,
está a traballar co fin de arranxar, o antes posible, os problemas causados nas
estradas autonómicas polas condicións
meteorolóxicas e, en concreto, pola choiva e as fortes escorrentas, que afectaron de
forma máis importante ao sur da provincia de Pontevedra.
En total, contabilizamos 26 puntos na rede autonómica con incidentes pola
situación meteorolóxica.
Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación
Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)
mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas
estradas de titularidade autonómica. Concretamente, están atendendo as diferentes incidencias:
Na provincia
de Pontevedra:
ü PO-546,
Pontevedra- Marín estivo cortada entre as 13:30 e as 15:30 no Pq 4 por fluxo de
auga con arrastres na calzada.
ü PO-233, Ponte
Bora-Caballedo a circulación estivo restrinxida por auga de escorrenta
procedente do monte entre os pq 8 e 10.
ü PO-244,
Pontecaldelas-Soutomaior un desprendemento de desmonte obrigou á circulación
con precaución no pq 7,8.
ü PO-235,
Carballedo-Provincia de Ourense a auga obrigaba a circular con precaución entre
os pq 16 e 20.
ü PO-400,
Salvaterra-Filgueira víase afectada, circulándose con restricións nos pq 23 e
26. Ademais, no pq 18,8 foi necesario cortar un carril por un deslizamento de
noiro.
ü PO-331,
Porriño-Gondomar había incidencias nos pq 4,5 e 5,7 por deslizamentos de terras
con auga.
ü
PO-342, Virxe
do Camiño-Cela é necesario circular con precaución polo desprendemento dun
desmonte no pq 10,2.
Sen afectar ao tráfico, houbo outros incidentes na CG.41 (Corredor do
Morrazo); PO-313 (Marín-Moaña); PO-354 (As Patas-Loureza); PO-408 (PO-403-Fornelos)
e PO-344 (Forcadela–Couso) por pequenos desprendementos ou auga na calzada. Hoxe
mesmo, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, inspeccionou
algúns dos puntos afectados na provincia de Pontevedra e nos que xa se estaba
traballando para resolver as incidencias.
Na provincia de Ourense era necesario circular con precaución polas
estradas OU-113 e OU-301 debido a bolsas de auga encoradas na calzada.
Pola súa banda, na provincia da Coruña, destaca que na AC-250 entre Sigüeiro
e o Aeroporto houbo que reparar unha focha na calzada, o que obrigou a ao curte
dun carril. Agora a circulación está restituída con restricións.
As previsións meteorolóxicas prevén que as dificultades se manteñan, polo
que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a
velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento, especialmente na
noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario