A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou hoxe en Pontevedra e
Vigo a ronda de reunións celebradas esta semana nas catro provincias para
anunciar o inicio do traballo de campo
§ Ethel Vázquez avanza xuntanzas concello a concello co
obxectivo deacadar uns servizos de autobús que respondan ao que realmente
necesitan os veciños
§ Naª fase do Plan de transporte multiplicouse por 5 o
número de paradas na provincia, poñendo en marcha 73 liñas de transporte baixo
demanda e 107 liñas de autobús compartido que utilizaron máis de 3.000 usuarios
non escolares cada mes
§ Explica que na 2ª fase do Plan incluirase as 335 liñas
interurbanas que prestan servizo nos 61 municipios da provincia
§ Detalla os pasos que está a dar o Goberno galego, desde
que no mes de maio someteu a información pública o documento base do Plan
A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, convidou hoxe aos concellos da
provincia de Pontevedra a súa colaboración activa na elaboración do Plan de
Transporte Público de Galicia, para a súa adaptación ás necesidades reais de
mobilidade dos veciños.
Vázquez Mourelle,
acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e do
director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, informou en Pontevedra sobre a
xuntanza cos representantes municipais da provincia, para abordar o proceso a
seguir para a transformación do transporte público da Galicia.Posteriorment, celebrouse
en Vigo un encontro similar cos concellos desta área, no que participou Ignacio
Maestro xunto co delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
A titular de
Infraestruturas subliñou que este encontros de hoxe marcan o remate das rondas
que tamén se celebraron esta semana nas vilas de A Coruña, Lugo e Ourense, para
de seguido iniciar o traballo de campo con xuntanzas concello a concello.
Engadiu que o obxectivo desta primeira ronda de contactos é obter a máxima
implicación e colaboración das Administracións locais e provincial para renovar
e modernizar as liñas de transporte por estrada de toda Galicia, como
administracións máis próximas aos cidadáns.
A conselleira manifestou
o interese da Xunta por coñecer as súas prioridades e propostas, e tratar de
xeito conxunto as melloras do transporte público na provincia de cara ao ano
2019, data de caducidade das actuais concesións.
En referencia ao
traballo que está a realizar o seu departamento neste ámbito, lembrou o camiño iniciado en agosto de 2017
coa posta en marcha da 1ª fase do Plan de transporte público, que na provincia
de Pontevedra abrangueu 166 liñas e 55 concellos, e que permitiu acadar o
obxectivo prioritario de que os veciños non estivesen un só día sen transporte.
Tamén posibilitou ampliar e mellorar os servizos aos cidadáns, ofrecendo unha
mellor cobertura territorial e tarifas máis económicas, en beneficio do peto da
xente.
Neste senso, Ethel
Vázquez salientou que na provincia de Pontevedra, a 1ª fase do Plan de
transporte supuxo multiplicar por 5 o número de paradas, pasando de 519 a 2.472.
E engadiu que permitiu poñer en marcha novas modalidades, como as 73 liñas de
transporte baixo demanda e as 107 liñas de autobús compartido, que están sendo
utilizadas por máis de 3.000 usuarios non escolares cada mes, e que teñen
suposto grandes beneficios para os veciños do rural.
Destacou que agora
na 2ª fase do Plan incluiranse a totalidade dos municipios e das liñas de
transporte da provincia, 355 liñas de interurbanas que prestan
servizo nos 61 municipios, e expresou a súa a confianza de que estes
encontros sexan útiles e frutíferos de cara a
potenciar a rede de transporte público, ofrecer máis e mellores servizos
e facilitar a mobilidade da xente.
A conselleira tamén
repasou os pasos que está a dar o Goberno galego, desde que no mes de maio
someteu a información pública o documento base do Plan de Transporte Público de
Galicia.
Dixo que agora a
Xunta continua o proceso de consultas e o traballo de campo, e celebrará
reunións individuais con cada un dos 313 concellos de Galicia. Tamén está
prevista a realización de enquisas en centros sanitarios, educativos,
administrativos e parques empresariais, ademais de estacións e paradas de
buses, para coñecer as demandas existentes.
Ethel Vázquez concluíu
referindo que nos vindeiros meses se seguirá co proceso de escoita activa e
participación continuada, para mellorar os servizos e para que Galicia teña en
2019 un transporte público que responda con eficacia ás demandas da Galicia do
Século XXI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario