Benigna Cancela, unha veciña de Parada, na parroquia de Portela, en Barro, sufriu ata tres picaduras de avespas velutinas e viuse na obriga de acudir a un centro médico, onde necesitou de dúas inxeccións de antídoto e a aplicación dunha pomada.
Stop Velutinas Umia informou de que as avespas a atacaron cando estaba coa man apoiada nun muro de pedra. As velutinas estaban agochadas nunha fenda.
O grupo veciñal de voluntarios do Concello de Barro xa eliminou o niño primario este martes pola tarde. Tratábase dun niño primario en estado xa avanzado.
Desde a Asociación Stop Velutina Umia alertan da presenza de niños primarios "onde menos se espera". E por iso piden aos cidadáns "que estreiten a vixilancia para poder avistalos e eliminalos" antes de que pasen ao estado secundario, cando acadan un maior tamaña e son moito máis difíciles de retirar.
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/vecina-barro-recibiu-picaduras-velutinas/20180626191817988096.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario