Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 16 de enero de 2016

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA A IMPORTANCIA DA IMPLICACIÓN DOS CONCELLOS PARA QUE AS MEDIDAS DA XUNTA CHEGUEN DE FORMA EFECTIVA ÁS FAMILIAS EN RISCO DE PERDER O SEU FOGAR




A conselleira mantivo unha xuntanza coa presidenta autonómica de Cruz Vermella para informarlle das 10 iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para  protexer o dereito á vivenda



§    A responsable de Infraestruturas e Vivenda aposta pola colaboración con Cruz Vermella para ofrecer solucións aos afectados que se dirixen a esta institución na procura de axuda
§    Lembra que desde pasado 31 de decembro, as persoas que se enfronten a unha demanda de desafiuzamento por impago de rendas ou as vítimas de violencia de xénero xa poden solicitar o Bono de alugueiro social

Ethel Vázquez salientou hoxe a importancia da implicación dos concellos para que as medidas da Xunta cheguen de forma efectiva ás familias en risco de perder o seu fogar. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa presidenta da Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, co obxectivo de establecer vías de colaboración na atención ás familias en dificultades.

“ A Xunta ten solucións en materia de vivenda pero é imprescindible a implicación real dos concellos dentro das súas competencias en materia de servizos sociais”, subliñou Vázquez, quen precisou que as situacións nas que se atopan moitas familias non están relacionadas únicamente coa carencia de fogar, senón que tamén requiren apoio social integral.

A conselleira apostou pola colaboración con Cruz Vermella para que, a través das súas redes territoriais, esta institución traslade a información sobre as medidas da Xunta ás persoas que se dirixan a esta institución na prpocura de axudas. Con ese obxectivo, na xuntanza de hoxe a titular autonómica de Vivenda explicou as medidas de apoio e protección que desde a Xunta se teñen activado para atender ás familias que teñen maiores dificultades para acceder a un fogar.

Esta reunión enmárcase na rolda de encontros que a Consellería de Infraestruturas está a manter con distintos axentes sociais, considerando que estes colectivos, que traballan diariamente cos máis desfavorecidos, son tamén os que mellor poden informar e asesorar aos posibles afectados polo drama dos desafiuzamentos das medidas postas en marcha pola Xunta ás que poden acollerse.

Nesta reunión entregouse información detallada sobre as 10 iniciativas que desde 2012 a Xunta ten impulsado para dar cobertura ás persoas que se poden atopar nestas situacións de risco. Así, abordáronse os convenios asinados con entidades bancarias, entre eles, coa maior entidade financeira de Galicia, que se compromete a non botar a ninguén da súa vivenda por non poder pagar a hipoteca, só a cambio dun aluguer social no que colabora a Xunta.

A conselleira tamén trasladou os puntos clave do Bono de Alugueiro Social, que ofrece apoio urxente ás familias en risco de perder o fogar por non poder pagar o aluguer ou por encontrarse en situación de especial dificultade. Vázquez lembrou que hai escasos días procedeuse a unha nova convocatoria do Bono de Alugueiro Social, que conta cun investimento que supera os 4 millóns de euros (máis de 1,4 M no presente exercicio).

Desde o pasado 31 de decembro xa poden solicitar esta axuda aquelas persoas que se enfrontan a unha demanda de desafiuzamento por impago de rendas; as vítimas de violencia de xénero; ou quen por circunstancias extraordinarias sufra a perda imprevista do seu fogar (incendio, inundacións...).

No hay comentarios:

Publicar un comentario