Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 24 de febrero de 2016

EN MARCHA A NOVENA EDICIÓN DA COPA DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA




Máis de 18.000 persoas participan nesta competición que reúne a máis de mil equipos de todas as categorías 
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a novena edición da Copa Deputación de Fútbol na que participan máis de mil equipos e clubs da provincia de todas as categorías.
Así o subliñou o deputado de Cooperación, David Regades nunha rolda de prensa, na que estiveron presentes os delegados da Federación Galega de Fútbol  de Pontevedra e Vigo,  Jaime Otero e Enrique González,  o seu vicepresidente, Gustavo Falque, e a deputada de Deportes, Chelo Besada.
Precisamente foi a deputada de deportes quen salientou o compromiso coas actividades deportivas da nova Deputación e, recordou que as liñas de axudas para o deporte federado, as competicións nacionais, autonómicas e locais ou os deportes náuticos estanse a publicar nestes dous primeiros meses no Boletín Oficial da Provincia, así como os convenios de patrocinio co Celta, Pontevedra ou Coruxo en fútbol pero tamén en balonmán ou ciclismo, entre outros deportes. “So reiterar a disposición desta Deputación a colaborar e axudar a todo o deporte desta provincia, porque tamén o deporte sirve para cohesionar e facer Pontevedra”, rematou Chelo Besada
Pola súa banda, David Regades anunciou o compromiso da Deputación con esta Copa de Fútbol “na  que a Presidenta ten a intención de manter ao longo de toda a lexislatura” pola súa importancia na promoción do deporte de base.
O deputado provincial tamén agradeceu a Federación Galega o seu traballo e subliñou que teñen as portas abertas desta institución  “porque a Deputación é o símbolo de convivencia de todos e todas” e “a colaboración entre as administracións e a sociedade civil e fundamental para desenvolver actividades como a Copa”.
En concreto a Copa Deputación  aglutina a  máis de 100 equipos de primeira liña. Tamén participan 25 equipos na copa feminina e una copa base  onde son máis de 900 equipos de todas as categorías.
David Regades destacou que a comezos de mes procederase ao sorteo das eliminatorias, unha vez comunicado por parte da Federación e da propia institución provincial a posta en marcha da Copa Deputación. “O deporte non é so saúde tamén e un habito de futuro e neste traballo sempre teredes a Deputación ao voso lado”, sinalou o deputado provincial dirixíndose ao voceiros da Federación de Futbol.
Por último, o vicepresidente da Federación, Gustavo Falque, destacou que case o cincuenta por cento das licencias de Galicia están en Pontevedra o que demostra a importancia do fútbol nesta provincia. De feito, destacou que o noventa por cento dos equipos de fútbol da provincia participaron na pasada edición da Copa Deputación  e que esperaban para esta novena edición aumentara a porcentaxe de  inscritos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario