Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 12 de febrero de 2016

Entrevista a Faustino Batallán de GastroyPolítica e Galicia Gastro. #CocidoDay en Barro: "É unha oportunidade única de promocionar Barro e a gastronomía",



Entrevistamos a Faustino Batallán, é un blogger gastronómico, que fundou GastroyPolítica e o grupo gastronómico galego "Galicia Gastro" e será por 3ª vez Cocido Leader da iniciativa #CocidoDay na mesa de Barro no 2016.

Barro e #CocidoDay, ¿porqué?
Barro é un concello recoñecido polos seus viños, proba delo é a celebración neste 2016 da XXXVI edición, unha das máis antigas de Galicia, xunto coa do albariño de Cambados. 
Pero fai un tempo que tamén se está a falar de Barro como punto de encontro da gastronomía, por distintos eventos e iniciativas que dende a Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa, como é o Barro de Tapas, a BarroCervexaFest (a primeira que se fixo en Galicia), ou as Xornadas Gastronómicas, que este ano volverán a coincidir co CocidoDay e as repetiremos adicadas ao Cocido.
Da primeira volta dende a organización do CocidoDay contactaron comigo para saber se se podería organizar unha mesa no noso concello como Cocido Leader, e así foi, e repetimos experiencia o ano pasado e voltamos neste 2016.

¿Qué importancia ten para Barro o CocidoDay?
Pois mirade, se o medidos por repercusión e proxección do noso concello, coido que é unha oportunidade única de promociónar Barro e a gastronomía da man. Nas duas edicións anteriores, estiveron en Barro e Barosa as televisións nacionais Tele 5 e TVE, e saimos por algo bo, xa que últimamente só veñen a Barro por noticias pouco agradables. De xeito persoal quero agradecer moito que Pepe Ribagorda escolla Barro para falar do CocidoDay nos informativos máis vistos da fin de semana en España. É algo impagable e coido que non hai maior promoción turística, de repercusión nacional, que a que se fai ese día. Por outra banda,sería bo que a "suposta concellería de turismo" que temos en Barro tomase nota delo, e houbuse algún tipo de implicación nesta acción, ainda que persoalmente dubidoo moito.


¿Cal é a túa labor no CocidoDay?
Moi sinxela e moi complexa á vez. Como Codido Leader, teño que tentar reunir entorno ó cocido que tomaremos en Barosa a un número de personas influentes en redes sociais, que falen do #CocidoDay, pero que tamén falen de Barro, ese é o meu obxectivo, por amor propio. Desta volta estarán novamente os compañeiros de Galicia Gastro, pero haberá incorporacións importantes doutros puntos da xeografía española, que virán ata Barro para comer cocido e falar no noso concello. Podo adiantar, que a suma de seguidores ou followers  de 5 dos convidados a día de hoxe é de 67.900 en twitter. A nosa mesa será entre 8 e 10, polo que estou traballando para que cheguemos a 100.000, e sexamos a que máis difusión aporte ao CocidoDay, e por suposto a Barro. Así que por adiantado quérolle dar a grazas a todos e todas, por aceptar o convite e por axudar a falar do noso concello.

¿Nomeas Barro unha e outra vez, tan importante é para tí xuntar Barro ao CocidoDay?
Non só ao CocidoDay, no que a min corresponde é con todo, pero desto estamos a falar. É un obxectivo que dende hai moito tempo a nivel persoal levo comigo. Alá donde vou e teño oportunidade, falo de Barro, de Barosa, de locais hosteleros do noso concello, falo das adegas de viño, Moraima, Cabana das Bolboretas e Casaley, da Festa do Viño ou San Breixo, falo da nosa cervexería artesanal Saramagal, falo da Pedra do Home, ou falo das vistas dende o Pastizal ou San Cibrán. E non só iso. Tamén os promociono polas redes sociais, e calquera que me pediu unha man, lla botei, só co obxectivo de que o nome de Barro chegue o máis lonxe posible. Mentres poida facelo, por min non quedará

Unha curiosidade, o de "GastroyPolítica", ¿porqué?
Pois moi sinxelo, unín as dúas pasións que teño, entre outras que é a gastronomía e a política. E atopar un nome polo que te identifiquen en internet, é moi complexo así que buscando e buscando, e dándolle voltas á cabeza, rematou niso. Ainda que é certo, pouco ou nada falo nesas redes de política e sí moito de gastronomía, turismo e xeito de vida, non sei se acertado ou non, pero á miña maneira. A quen lle guste ten a porta aberta, e a quen non, xa saberá cal é porta de saída.



No hay comentarios:

Publicar un comentario