Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 4 de febrero de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA A INSTALACIÓN DE OITO NOVAS EMPRESAS NO VIVEIRO DE BARRO-MEIS




Os negocios ocuparán seis naves e cinco oficinas do viveiro, que xa ten unha ocupación de máis de 60 por cento

A Comisión de Selección da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a instalación de oito novas empresas no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, que pasarán a ocupar un total de seis naves e cinco oficinas deste espazo. Deste xeito o viveiro, acollerá un comercio ao por menor de produtos alimenticios en establecemento, unha empresa de venda de tratamento de augas, un negocio dedicado á captura, explotación, proceso e comercialización de produtos invertebrados do mar, ou unha empresa de deseño e fabricación de compoñentes de aluminio

Ademais, tamén se incorporan un comercio exterior de importación e exportación de peixes e mariscos, un negocio de servizos técnicos de enxeñaría, asistencia métrica e posta en valor en sectores como o patrimonio naval, cultural, obra civil e industrial, un comercio de restauración estética e recuperación de vehículos, e por último, unha empresa de xestión e tramitación de subvencións e licitacións públicas a pequenas e medianas empresas.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Con estas novas solicitudes, que se suman ás aprobadas con anterioridade, as taxas de ocupación doviveiro son do 62,5% no caso das naves e do 58,3% en canto ás oficinas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario