Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 24 de febrero de 2017

MEDIO AMBIENTE INVITA AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A INCREMENTAR AS TAXAS DE RECICLAXE A TRAVÉS DO FOMENTO DE ACTIVIDADES E BOAS PRÁCTICAS







§  A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático participou nunha xornada técnica dirixida aos concelleiros de Medio Ambiente e persoal técnico, aos que lles trasladou as novidades do actual convenio marco entre a Xunta e Ecoembes
§  Recordou que no novo convenio se establecen pluses por boa xestión para aqueles concello adheridos que impulsen medidas a prol da reciclaxe e recuperación
§  Outra das melloras que se introduce neste novo convenio están relacionadas coa facturación das entidades locais e as ferramentas informáticas á súa disposición, coa finalidade de axilizar os pagamentos

 A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Martínez, animou aos concellos da provincia de Pontevedra a establecer e fomentar medidas e boas prácticas que axuden a incrementar as taxas de reciclaxe. Este foi unha das mensaxes que trasladou esta mañá durante a xornada técnica para que os concellos galegos establezan actuacións e accións que incrementen as taxas municipais de reciclaxe. A Consellería e Ecombes (Ecoembalajes España) están levando a cabo unha rolda de encontros para explicar de primeira man as novas ferramentas coas que os concellos poden aumentar a calidade da recollida selectiva que se realiza a través dos contedores amarelos.

Tal e como se lles explicou na reunión aos concelleiros de Medio Ambiente e ao persoal técnico convocado, unha maior calidade da recollida pode supoñer de xeito inmediato un incremento importante das cantidades que os concellos reciben, ademais de contribuír á mellorar dos niveis de reciclaxe en Galicia.

Este encontro brindou a posibilidade de presentar aos concellos da provincia de Pontevedra as principais novidades do convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021.

Entre as principais melloras introducidas destaca o establecemento de pluses por boa xestión para aqueles concellos adheridos a Ecoembes que impulsen medidas a prol da reciclaxe e a recuperación de envases. É dicir, actualizanse de forma gradual as ratios de referencia para acceder aos compensacións por boa xestión, co fin de compensar a aqueles traballen a prol da reciclaxe e recuperación.

Esta previsión é posible grazas ao cálculo de ingresos estimados para os próximos 5 anos, que ascenderán a 102 millóns de euros. Tellado indicou que tendo en conta os datos económicos do convenio anterior –e mantendo as mesmas condicións para o actual período de vixencia- estimase que co novo convenio os ingresos incrementaríanse en máis de 400.000 euros/ano, é dicir, 2 millóns de euros máis respecto do anterior.

Outras das melloras que se introducen son que o cálculo da variación dos prezos de combustible mensualízanse e tamén se definen melloras técnicas e dos procedementos de recollida, coa finalidade de incentivar a participación dos usuarios e que redunden nun incremento da aportación e da recollida de envases; así como aspectos relacionados coa facturación das entidades locais e as ferramentas informáticas á súa disposición, coa finalidade de axilizar os pagamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario