A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro
xunto á Comunidade de Montes de Curro e Distribuciones Cárnicas Lovar
serán os colaboradores do concello de Barro que participarán na "Gala
Solidaria 1Kg/1L" organizada pola empresa de contratación de
espectáculos "Galicia Espectáculo" e Comunidade de Montes de Curro que acollerá a presentación de
cinco orquestas en dito evento, Nueva Libertad, Anova Big Band, Gran
Casino, Canadá, e América no campo parroquial das festas de Curro-Barro.
Aproveitando a ocasión, preténdese recoller alimentos non
perecedeiros para doar a Cáritas Interparroquial. A AC Fervenza da
Barosa, que xa organizou no concello "Barro Nadal Solidario" que logrou
recolectar máis de media tonelada de alimentos para os veciños máis
necesitados de Barro, non dubidou en poñerse a disposición da axente de
Galicia Espectáculo, Vivian Gómez, para sumarse ao proxecto e participar
activamente nunha nova recollida de alimentos que se entregará o día 10
de Maio na presentación.
Tódolos asistentes que queiran participar na "Gala Solidaria"
poden aportar voluntariamente, se así o desexan para colaborar" 1Kg/1L
de alimentos. Aos asistentes agasaráselle con paella dende as 22:00 ás
24:00.
domingo, 5 de mayo de 2013
New
Amigos da Fervenza da Barosa colabora na "Gala Solidaria 1kg/1L Curro 2013" organizada por Galicia Espectáculo
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
solidaridad
Etiquetas:
Amigos da Fervenza da Barosa,
barro,
Curro,
solidaridad
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario