Coa 1ª Xuntanza en Familia na que colabora Amigos da Fervenza, abre a programación de verán @BarosaGastro en Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 1 de mayo de 2013

Coa 1ª Xuntanza en Familia na que colabora Amigos da Fervenza, abre a programación de verán @BarosaGastro en Barro.

- Un día en familia, desfrutando da natureza, recordando vellas tradicións populares de xogos e disfrutando da gastronomía nun lugar excepcional como é o Parque da Natureza de Barosa e a súa Muiñada.

- Tamén se fomentará a saude, o deporte e a destreza cun "xogo da búsqueda do tesouro" pola tarde.

- Os máis maiores poderán explorar e descubrir o roteiro de sendeirismo PR-G105, Sendeiro dos Muíños de Barosa

Chega o verán e as propostas de lecer no Parque da Natureza da Barosa, de man do local hosteleiro, @BarosaGastro, veñen acompañadas de novidades e colaboracións como a que terá de man da Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" na 1ª Xuntanza en Familia que se desenvolverá o vindeiro 1 de xuño de 2013 a partires das 12 da mañán e ata as 19 horas.

Volvendo "aos vellos tempos sen tanta tecnoloxía" haberá xogos tradicionais: O xogo da rá, xogo da chave, petanca, canicas, trompos, o pano, brilé, carreiras de sacos, tiro de corda e máis. Recuperar vellas tradicións, facer unha vida saudable, e descubrir un fermoso paraxe como Barosa son os obxectivos da xuntanza e que AC Fervenza da Barosa valora moi positivamente. Tamén a promoción turística e gastronómica do noso concello estarán presentes no transcurso da xuntanza.

Xa na xornada de tarde, está prevista unha "búsqueda do tesouro" con trofeo para os gañadores.

Para facilitar a xornada de convivencia o local @BarosaGastro pon a disposición dos participantes un menú pensando para nenos e maiores.

O prezo de inscrición da xornada é de 20€ e da dereito a participar nas actividades e disfrutar da comida no local @BarosaGastro. Para máis información e reservas, pódese contactar co teléfono 655.952805 ou ben enviar unha mail a yoyo@barosa.es.

Tamén os interesados poden contactar coa AC Fervenza da Barosa a través do mail, fervenzadabarosa@gmail.com, ou a través de facebook ou twitter para obter máis información ou inscribirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario