A Deputación cofinanciará os Servizos Sociais Comunitarios de Barro con 27.093 euros. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 12 de julio de 2013

A Deputación cofinanciará os Servizos Sociais Comunitarios de Barro con 27.093 euros.


A DEPUTACIÓN APROBA 486.044 € PARA COFINANCIAR SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DE 15 CONCELLOS
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, axudas por valor de 486.044 euros para cofinanciar os servizos Sociais comunitarios de 15 concellos.
Trátase da primeira relación dos concellos de menos de 20.000 habitantes que asinaron coa Deputación o convenio para garantir a prestación integral e axeitada dos Servizos Sociais comunitarios municipais e básicos. A cuantía total que a Deputación para todos os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia elévase a 2,5 millóns de euros.
A Deputación cofinancia os seguintes módulos:
·       Os gastos derivados da prestación de Axuda no Fogar, tomando como referencia a media de custe/hora (11,66 €) do gasto total xustificado por cada concello no exercicio 2012.
·       Os gastos derivados da contratación de personal con perfís profesionais diferentes e complementarios ao da traballadora social
·       Os gastos derivados da retribución do personal dos Servizos Sociais comunitarios específicos
Os concellos, pola súa banda, achegarán unha cuantía económica mínima do 20% do orzamento total da suma dos módulos subvencionados.
 Os concellos e cuantías subvencionadas son: Arbo (44.550 euros), Barro (27.093), Catoira (19.189), Cerdedo (17.961), Cotobade (28.401), Crecente (19.896), Fornelos de Montes (8.822), Meaño (72.547), Mondariz (43.803), Nigrán (36.521), Ponte Caldelas (34.846), Salceda de Caselas (50.416), Sanxenxo (43.708), Soutomaior (19.061) e Vilaboa (19.225).

No hay comentarios:

Publicar un comentario