· As condicións meteorolóxicas fan necesaria a aplicación
de tratamentos para evitar danos na uva
Técnicos
da Estación Fitopatolóxica de Areeiro alertaron da necesidade de extremala
vixilancia para evitar a aparición do temido “mildiu larvado” debido ás
diferentes previsións meteorolóxicas anunciadas para os próximos días ante unha
situación pouco clara e probabilidade de chuvia. A vixilancia debe ser maior
naquelas fincas na que estea próximo a finalizar o período de protección da
intervención.
O
mildiu trátase dun dos fungos que máis ataca a vide, follas, zarcillos, ás
ramas máis novas, e ácimos antes do cambio de cor. Nos casos atopados, boa
parte das manchas non estaban esporuladas, pero outras si amosaban as
frutificacións do fungo, polo que é fundamental unha rápida e coidadosa
aplicación para protexer o ácimo.
As
condicións climáticas nocturnas que se rexistraron na última semana foron moi
saudables ó mildiu: en tódalas comarcas a temperatura roldou os 16-19 graos
centígrados, a humidade se situou entre 90 e 100 ademais de humidade foliar,
condicións que se reflexaron nas plantas testemuño sen tratamentos, onde a
presenza de síntomas se incrementou tanto na folla como no ácimo. Dende a
Estación recorda que xa é momento de comezar a empregar funguicidas con cobre
para os tratamentos e que este tipo de sustancias se manterá ata o final das
intervencións.
Outros avisos
En
canto a oidio, as condicións de estes días foron favorables a este fungo tanto
pola humidade como polas néboas rexistradas. Dado que segundo as previsións
parece que seguirán nesta liña, se recomenda unha revisión exhaustiva dos ácimos
e renovar os tratamentos se non se freou o avance do fungo a pesar de estar
cubertos por un tratamento previo; ademais recordan que o xofre non se debe
empregar en temperaturas moi elevadas; nestes casos se debe tratar con
antioidios sistémicos máis aconsellables nestes momentos.
Por
outra banda os técnicos da Estación Fitopatolóxica tamén recomendan non
sobrepor as uvas a insolación directa nas labores de desfollado, ante os casos
atopados na comarca de O Condado de grans de uva afectados por golpes de sol.
Nas zonas de interior nas que houbera episodios de sarabia, se aconsella a
aplicación de un antibriótico ante a posibilidade de feridas que se puideran
producir na uva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario