A DEPUTACIÓN E A FEDERACIÓN DE BANDAS DE GAITAS SUSPENDEN A FINAL DA LIGA EN SINAL DE DOR POLA TRAXEDIA FERROVIARIA DE SANTIAGO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 26 de julio de 2013

A DEPUTACIÓN E A FEDERACIÓN DE BANDAS DE GAITAS SUSPENDEN A FINAL DA LIGA EN SINAL DE DOR POLA TRAXEDIA FERROVIARIA DE SANTIAGO

A Deputación Provincial de Pontevedra e a Federación Galega de Bandas de Gaitas suspenden a final da Liga de Bandas de Gaitas prevista para o sábado, 27, en sinal de loito e de dó pola traxedia ferroviaria que sacudiu Galicia na pasada tarde-noite.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, -que xa na noite de onte transmitiu o seu pésame e solidariedade coas vítimas- e o responsable da Federación de Gaitas, Hipólito Cabezas, acordaron sumarse ao loito e suspender este acto festivo, porque “a Comunidade enteira quere estar nestes días preto das familias e dos achegados ás vítimas do sinistro” aos que desde a Deputación e a Federación de Gaitas quixeron transmitir “as nosas mais sinceras condolencias e a máxima solidariedade e afecto”.
Ante a fatalidade que acaba de vivir o pobo galego, e totalmente consternados por o “máis triste Día de Galicia da nosa historia”, a Federación Galega de Bandas de Gaitas e a Deputación cancelan os actos programados para o día 27 de Xullo de 2013, no cal estaba programada a Fase Final da XXIII Liga Galega de Bandas de Gaitas, que se ía celebrar na Avenida Montero Ríos, ante a mesma sede da institución provincial.
Desde a Federación Galega, Hipólito Cabezas salienta que “estes días son duros para o noso pobo, e a gaita galega debe sonar para acompañar tal traxedia, debe chorar, acompañar os prantos e as bágoas de todos os familiares, amigos, coñecidos … dos afectados”. “O pobo galego debe estar unido ante tal traxedia”, conclúe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario