A XUNTA APROBA O CAMBIO DE TITULARIDADE DUN TREITO DA ESTRADA CUNTIS- PORRÁNS (PO-226) AO SEU PASO POLO CONCELLO DE MORAÑA A FAVOR DA ADMINISTRACIÓN LOCAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 24 de julio de 2013

A XUNTA APROBA O CAMBIO DE TITULARIDADE DUN TREITO DA ESTRADA CUNTIS- PORRÁNS (PO-226) AO SEU PASO POLO CONCELLO DE MORAÑA A FAVOR DA ADMINISTRACIÓN LOCAL


 
§         O Concello de Moraña terá que incorporar ao seu Plan de Estradas a vía a que se refire este decreto
§         Así mesmo, a este municipio pontevedrés correspóndelle, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación deste treito

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de hoxe aprobou o decreto de cambio de titularidade dun treito de máis de medio quilómetro da estrada PO-226, que une Cuntis e Porráns; a prol do concello pontevedrés de Moraña, concretamente no núcleo rural de Saiáns, desde o punto quilométrico 6+030 ata o p.q. 6+870. A cesión é conveniente co obxecto de realizar obras de mellora peonil para os lugares de A Chociña e Santa Margarida. O Concello asumirá as ditas obras así como a titularidade e mantemento deste tramo.

O expediente tramitouse ao abeiro dos artigos 5 e 54 da vixente Lei de estradas, do 14 de setembro de 1994, que establece que os cambios de titularidade das estradas se aprobarán por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas, e que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco das súas competencias e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

Obrigas municipais
De acordo co exposto, o Concello de Moraña deberá incorporar ao seu Plan de estradas a vía a que se refire este decreto. Así mesmo, a este municipio correspóndenlle, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación deste treito; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

A entrega da vía formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto aprobado esta mañá polo Consello da Xunta, no Diario Oficial de Galicia (DOG).


No hay comentarios:

Publicar un comentario